Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións

22/05/25

Visita ao Labirinto de Rinlo

Os alumnos/as de 1º ESO (na materia de Matemáticas) e os de 2º ESO (na de Física e Química) visitaron o Parque Labirinto Costa da Mariña en Rinlo, para achegar os contidos sobre Xeometría e o Movemento e Forzas. Alí realizaron unha serie de actividades que consistían en agudizar o sentido da orientación, descubrindo as distintas rutas a través de formas xeométricas e así conseguir superar uns retos para encontrar a saída dun labirinto.

Tamén puideron desfrutar de moi diversos xogos artesanais como foron: petanca, tiro con arco, fundir a frota, futbolín humano, tiro de corda..., nos que puideron aprender como aplicar forzas de forma correcta, os distintos ángulos de tiro ou estratexias para resolver problemas etc.







15/05/25

Viaxe a Madrid

O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC viaxou a Madrid estes días para realizar visitas culurais por todos os museos que ofrece a Cidade e coñecer máis de cerca a capital. Deixámosvos por aquí algunhas fotos.








24/03/25

Visita á Axencia Tributaria e ao Vello Cárcere de Lugo

O pasado 21 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos participou nunha saída a Lugo, centrada en dous temas fundamentais e de actualidade : os impostos e a memoria histórica.

Visitamos a Axencia Tributaria, onde nos explicaron como funcionan os impostos e por que son imprescindibles para garantir servizos públicos como a sanidade, a educación ou as infraestruturas. Entendimos que pagar impostos é un acto de solidariedade e de xustiza social.

Tamén coñecimos O Vello Cárcere, un lugar cheo de historia e dor, onde centos de persoas foron represaliadas durante a Guerra Civil e a posguerra. Visitamos a exposición permanente que recolle os horrores vividos entre 1936 e 1940, e reflexionamos sobre a importancia de non esquecer para non repetir.









10/03/25

Premio TES TALENTO

O alumnado de 1° e 2° de BAC desfrutou do premio TES TALENTO en Trampoline Park de Urban Planet en Oleiros.







11/02/25

Visita InnovArt 2025

O 6 de febreiro o alumnado de 1° de ESO visitou o evento InnovArt que se vén celebrando todos os anos no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Trátase dunha oportunidade para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia a través de diferentes actividades de arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música.








10/02/25

Visita ao Parlamento e ás cubertas da Catedral de Santiago

O pasado 5 de febreiro, os cursos de 3º e 4º da ESO xunto co alumnado de 1º de Bacharelato, realizaron unha excursión a Santiago de Compostela para coñecer de preto dúas das súas grandes institucións: o Parlamento de Galicia e a Catedral.


A primeira parada foi no Parlamento, onde aprendemos sobre o seu funcionamento, a historia da institución e a importancia da participación cidadá na política. Tivemos a oportunidade de visitar o hemiciclo e sentirnos por un momento como auténticos representantes do pobo galego.


Despois, visitamos os tellados da Catedral de Santiago, desde onde puidemos ver a cidade desde outra perspectiva. Ademais de observar a súa arquitectura, coñecemos mellor a súa historia e algúns detalles curiosos que agocha entre as súas pedras.














28/11/24

Teatro en francés "Notre Dame de París"

O alumnado de francés do centro asistiu este luns á representación teatral Notre Dame de París posta en escea polo grupo Haz teatring.
Trátase dun musical inspirado na obra homónima do célebre autor francés Victor Hugo.
Despois desfrutaron de tempo de lecer.







22/11/24

Visita á refinería de Repsol e Pencil&Fork na Coruña

A semana pasada tivo lugar a segunda viaxe dentro de "Aulas de Emprendemento" do IES Marqués de Sargadelos.

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior en Química Industrial desprazouse ata as instalacións da refinería que Repsol ten na Coruña e na cal o noso alumnado ten a posibilidade de realizar a "Formación en Centros de Traballo" e desde este ano tamén a formación dual intensiva no 2º curso. Alí ademais de ensinarnos as súas instalacións faláronnos da historia da refinería, as súas adaptacións para ser máis sostibles e a gran importancia das chamadas habilidades brandas ou "soft skills" á hora de traballar, xa sexa por conta allea ou á hora de emprender un negocio propio.

Posteriormente, na rúa Alfredo Vicenti, ao carón da praia de Riazor, o xerente de “Pencil&Fork” @pencilandfork_galicia falounos da súa experiencia emprendedora coa que quedamos marabillados. David é licenciado en Química e despois de estar traballando en importantes posicións en universidade e empresa tanto en Cataluña como en Chicago e Londres, foi nesta última cidade onde decidiu emprender o seu propio negocio. Tras a pandemia el e a súa parella decidiron voltar a Galicia e adaptar o negocio londinense á cidade da Coruña. Ambos destacan a importancia de adaptarse ao cliente, algo que vai cambiando co tempo, así como ter confianza e paciencia, o uso de novas tecnoloxías e o saber idiomas para captar clientes de outros países, no seu caso moitos cruceiristas que están de paso na cidade.












24/10/24

Visita a Ins3rtega S.L. e Port Alé

Primeiro día de visitas dentro do programa de Aulas de emprendemento na Formación Profesional.

Este mércores o alumnado de FP do IES marqués de Sargadelos visitou Insertega en Arteixo Insertga S.L., unha empresa pioneira na xestión de residuo téxtil e economía circular. O xerente, Juan Meijide, falounos das orixes da súa idea e como foi evolucionando ata o día de hoxe. Así tamén coñecemos a súa filial Equore que produce revestimentos a partir de residuos téxtiles, evitando que acaben incinerados ou en vertedoiros.

Despois da primeira visita desprazámonos ata o porto de Santa Cruz en Oleiros. Alí ,Marta Galán, fundadora de Cervexas artesanas Port Alé falounos entre outras cousas sobre a súa inquietude emprendedora dende que era moi nova, as dificultades atopadas nas diferentes fases dos seus proxectos empresariais e o que considera fundamental á hora de crear unha empresa: formación, planificación, relacións e actitude.

Terminada a charla de emprendemento comemos nas súas instalacións de Porto Alé.