Amosando publicacións coa etiqueta sexualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sexualidade. Amosar todas as publicacións

24/11/25

Talleres Educación afectivo-sexual

 Hoxe estivo no noso centro María González Cociña, matrona e directora do Centro M (Burela), para impartir dous talleres de educación sexual adaptados á etapa da adolescencia. 

Comezou co alumnado de 1º e 2º ESO, con "Coñecendo o meu corpo". Este taller aborda os cambios físicos e emocionais que experimentan os rapaces e rapazas na pubertade, enfocado para promover a igualdade, a empatía e o respecto cara os compañeiros e compañeiros. Explicouse a función reproductiva de ambos e profundizamos no ciclo menstrual. Tamén se achegaron produtos de hixiene menstrual para familiarizarse con eles. 

Despois, impartiu o taller "Sexualidade responsable" co alumnado de 2º e 4º da ESO. Nel deu información clara e adaptada sobre relacións sexuais, ITS e anticoncepción, fomentando o autocoñecemento, a relación positiva coa propia sexualidade, a toma de decisións responsables e o respecto interpersoal.

Estes talleres foron moi enriquecedores e contribúen á educación integral do noso alumnado.







14/06/24

Charla Educación afectivo-sexual

O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro coa sexóloga e psicóloga Sonia Martínez para falar de afectividade e sexualidade.

Durante o taller achegóuselle información  dunha sexualidade responsable, asertiva, satisfactoria e autónoma baseada en no coñecemento científico e respectando a diversidade.

Traballaron temas como o concepto de sexualidade, o respecto cara a diversidade, o coñecemento do corpo e o funcionamiento sexual e reproductor, a autoestima etc.






31/01/23

Charla sexualidade Quérote +

 

O pasao mércores achegáronse do centro Quérote + para realizar unha charla de sexualidade ao alumnado de 3º da ESO e FPBásica.