Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións

18/06/26

LER O MUNDO

Ao longo deste curso, o alumnado de 4º da ESO, na materia de Lingua Castelá e Literatura, desenvolveu o proxecto Ler o mundo, unha investigación arredor de catro grandes temas da literatura universal: o odio, a vinganza, a guerra e a diversidade LGTB+.

A través da lectura de fragmentos literarios e do diálogo con obras de arte de distintas épocas, o alumnado foi construíndo murais colectivos nos que a literatura e arte se atopan para contar unha mesma historia: a da experiencia humana.

Cada imaxe, cada cita e cada reflexión forman parte dun proceso de investigación, interpretación e creación que invita a mirar o mundo con espírito crítico, curiosidade e sensibilidade.

Porque a literatura non é só aquilo que lemos, senón aquilo que nos axuda a comprender quen somos, quen fomos e o que queremos ser.

Parabéns ao alumnado polo seu traballo e pola calidade dos murais realizados!









02/06/25

Diario de lectura. Caperucita en Manhattan

O alumnado de Lingua e Literatura española de 3º ESO elaborou uns diarios de lectura a partir do libro de Carmen Martín Gaite, Caperucita en Manhattan. Con esta actividade, de carácter máis creativo ou artístico, preténdese que os/as estudantes se sintan motivados e implicados na comprensión e deleite desta novela. Amosamos estes diarios para que todos os visitantes poidan coñecelos e así ver outras posibilidades de somerxernos nunha lectura.






 

30/05/25

Caligramas do alumnado da materia de Lingua castelá e literatura de 4º de ESO

Coa primavera afloran as emocións e, ás veces, fanse máis intensas e, polo tanto, visibles. Algúns alumnos e alumnas de 4º ESO compuxeron uns poéticos caligramas que amosamos no taboleiro.