Amosando publicacións coa etiqueta Charla Piragüismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Charla Piragüismo. Amosar todas as publicacións

28/04/26

Charla CLUB DE PIRAGÜISMO SAN CIBRAO

O Club de Piragüismo San Cibrao visitou o noso centro na tarde do luns 27 de abril.

Durante dúas sesións, ofreceron charlas informativas ao alumnado de 1º e 2º da ESO, animándoos  a descubrir e practicar este apaixonante deporte.

Grazas pola vosa visita e por compartir a vosa experiencia con nós!



20/04/23

Charla Federación Galega de Piragüismo

O pasado luns 17 o alumnado de 1º de ESO e de 1º de BAC tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as actividades que realiza a Federación Galega de Piragüismo, coa presenza de Ramón Cabodevila, un dos seus mellores adestradores. Os presentes aproveitaron para poñerse ao día tanto de aspectos propios desta modalidade deportiva como de aspectos xerais do mundo do adestramento de elite (descanso, alimentación, ximnasio,...) polo que foi unha experiencia moi satisfactoria.