Amosando publicacións coa etiqueta Educación plástica e visual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación plástica e visual. Amosar todas as publicacións

18/06/26

Deseño portada axenda escolar

Xa temos a persoa gañadora do concurso da portada da axenda escolar 2026/2027  do IES Marqués de Sargadelos!

O Departamento de Educación Plástica e Visual escolleu o deseño que acompañará ao noso centro durante o vindeiro curso... e a artista premiada foi

IRIA BALTAR CANOURA, de 1º de ESO A

Parabéns polo seu talento, creatividade e imaxinación.

Estamos desexando ver a túa creación nas mans de todo o alumnado o próximo curso!

Ademáis, o xurado quixo recoñecer cun accésit os magníficos traballos de Antía e Paula, pola súa calidade e orixinalidade.

Queremos agradecer tamén a participación de todo o alumnado que presentou os seus traballos. Animámosvos a seguir participando en novas edicións.


06/03/26

Carteis do 8M


No noso IES seguimos creando e reivindicando!

O departamento de Educación Plástica e Visual organizou co alumnado de 3º e 4º da ESO a elaboración de carteis con motivo do Día Internacional da Muller. A través de fotografías das propias alumnas e empregando programas de edición fotográfica, deron forma a propostas cheas de creatividade, reflexión e compromiso.

Un traballo que combina arte, tecnoloxía e igualdade para visibilizar a importancia desta data tan significativa como é o 8M.