SE FAS CLIC NAS IMAXES VERÁS FOTOS E UN FERMOSO VÍDEO NO QUE PARTICIPAMOS TODOS. TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CON MÁSCARA LILA COMO XESTO.
25/11/21
25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
25/06/21
14/06/21
VISITA DO PIRAGÜISTA KIKO VEGA.
Hoxe recibimos a visita do piragüista internacional Kiko Vega.
4 veces campión do descenso do Sella. Falounos deste deporte como actividade competitiva pero tamén de lecer; seguro en tempos de pandemia.
Práctica deportiva que pretendemos fomentar entre o noso alumnado, cercana; con presenza no Concello de Cervo.
10/06/21
09/06/21
07/06/21
PLAN PROXECTA. OS VELLOS OFICIOS. A CESTERÍA. “Cestería contemporánea. Fusión co téxtil a través da combinación de materiais orgánicos con diferentes técnicas artesanais. Pezas con espírito, sensoriais, que dan xogo a todos os sentidos, que espertan a gana de tocar, ulir, morder, mesmo abrazar.” No IES MARQUÉS DE SARGADELOS, dentro do PLAN PROXECTA 2021, viñemos traballando e dando a coñecer entre o noso alumnado a artesanía e os vellos oficios que xa están desaparecendo. Empezamos co oficio de zoqueiro, con Alberto Geada; seguimos coa cerámica de Gundivós ( Ribeira Sacra ) da man de Elías González e rematamos hoxe coa cestería. Recibimos a visita de Idoia Cuesta; Premio Nacional de Artesanía 2015. Trátase dunha demostración do oficio tradicional dos cesteiros. Neste caso, de como se realizan as pezas de cestería e como se pode fusionar a tradición coa modernidade neste tipo de creacións. A especialista nesta materia, Idoia Cuesta, estivo connosco ao longo da mañá de hoxe para que coñezamos este oficio tradicional, o seu presente e as expectativas de futuro.
21/05/21
ENCONTRO NA BIBLIOTECA COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ. Esta mañá tivemos un encontro coa escritora de Burela Antía Yáñez. Actividade complementaria á lectura previa dos seus libros "O misterio de Portomarín", "O misterio do torque de Burela" e "Senlleiras". Algunhas imaxes do seu paso pola nosa biblioteca.Preme na imaxe e verás as fotos.
13/05/21
LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS.
https://bibliesmarques.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021-xela-arias.html
https://bibliesmarques.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021-xela-arias_13.html
https://bibliesmarques.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021-xela-arias_37.html
https://bibliesmarques.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021-xela-arias_48.html
04/05/21
PLAN PROXECTA. OS VELLOS OFICIOS.A ALFARERÍA DE GUNDIVÓS. RIBEIRA SACRA.
Hoxe estivo con nós o último alfareiro de Gundivós: Elías González Prieto. Enmarcado no Plan Proxecta “Os vellos oficios” que iniciamos en febreiro co oficio dos zoqueiros cando nos visitou Alberto Geada.
Quedámonos coa súa invitación a unha visita guiada que nos pode preparar se nos poñemos en contacto neste sitio.
Gundivós (Sober, Lugo), «terra de cacharreiros», en plena Ribeira Sacra.. Centro importante de industria alfareira, pasou por un importante declive nos anos 60 chegando case á desaparición. De momento, esta tradición mantense viva grazas ao traballo dos poucos alfareiros que aínda dominan este vello ofcio e intentan promocionar este tipo de alfareiría: Elías González Prieto, quen nos visitou hoxe é un claro exemplo.
As súas pezas son feitas con torno baixo movido pola man, con barro local e cocidas en forno de leña. As formas tradicionais son sobrias, reforzadas con vincos e con distinguida decoración incisa. O interior vai recuberto con resina de piñeiro; posteriormente quéntase a peza para fundila, o que fai que estas pezas collan a negra cor característica.
Trátase de pezas destinadas a gardar o viño, o vinagre, meleiras, queixeiras, etc.
















































