Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións

18/06/26

Premio III LIGA DE CONVIVENCIA


O xoves 18 de xuño, o grupo de 4º ESO gañador da III Liga de Convivencia desfrutou dunha fantástica xornada no Aquapark de Cerceda.
Foi un día cheo de diversión,  convivencia e momentos inesquecibles, como recompensa ao esforzo, compromiso e boa actitude demostrados ao longo de todo o curso.
Parabéns unha vez máis ao grupo gañador e grazas a todo o alumnado participante por seguir facendo do IES Marqués de Sargadelos un centro onde o respecto e a convivencia positiva son os protagonistas.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta gran experiencia!







LER O MUNDO

Ao longo deste curso, o alumnado de 4º da ESO, na materia de Lingua Castelá e Literatura, desenvolveu o proxecto Ler o mundo, unha investigación arredor de catro grandes temas da literatura universal: o odio, a vinganza, a guerra e a diversidade LGTB+.

A través da lectura de fragmentos literarios e do diálogo con obras de arte de distintas épocas, o alumnado foi construíndo murais colectivos nos que a literatura e arte se atopan para contar unha mesma historia: a da experiencia humana.

Cada imaxe, cada cita e cada reflexión forman parte dun proceso de investigación, interpretación e creación que invita a mirar o mundo con espírito crítico, curiosidade e sensibilidade.

Porque a literatura non é só aquilo que lemos, senón aquilo que nos axuda a comprender quen somos, quen fomos e o que queremos ser.

Parabéns ao alumnado polo seu traballo e pola calidade dos murais realizados!









16/06/26

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO NOSO IES


O alumnado de 4º da ESO da materia de Dixitalización elaborou un vídeo de presentación do noso instituto, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos en edición audivisual, comunicación dixital e creación de contidos multimedia.

A través deste proxecto, tiveron a oportunidade de amosar os espazos, actividades e valores que forman parte da vida do centro, desenvolvendo ao mesmo tempo a súa creatividade, capacidade de traballo en equipo e competencia dixital.

Parabéns polo excelente traballo realizado e polo compromiso demostrado durante todo o proceso!

01/06/26

TEMOS GAÑADORES DA III LIGA DE CONVIVENCIA!

Despois de meses de esforzo, compromiso e moitos bos exemplos de convivencia, xa coñecemos o grupo gañador desta edición:

4º ESO 

Parabéns por demostrar ao longo de todo o curso respecto, compañeirismo, responsabilidade e unha actitude positiva día tras día. O voso esforzo tivo recompensa!

Como premio, o grupo desfrutará dunha actividade especial como recoñecemento ao gran traballo realizado durante toda a liga.

Queremos tamén felicitar a todos os grupos participantes, porque cada pequeno xesto axudou a facer do IES Marqués de Sargadelos un lugar mellor para convivir.

Grazas por seguir construíndo entre todas e todos un centro baseado no respecto, na colaboración e na convivencia positiva.

21/05/26

VOLUNTARIADO XUVENIL CONCELLO DE CERVO





O xoves 21 de maio recibimos no noso IES a visita da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.

A alcaldesa achegou ao alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato información sobre o programa de voluntariado xuvenil do Concello de Cervo, destacando a importancia da participación da mocidade en iniciativas sociais e comunitarias.

Un encontro moi enriquecedor para coñecer novas oportunidades de colaboración, aprendizaxe e compromiso coa contorna.

Ademais a alcaldesa regresou o xoves 28 de maio para informar ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre o programa "Voluntariado miúdo", unha iniciativa dirixida a mozos e mozas menores de 15 anos que promove valores como a solidariedade, a convivencia e a participación activa na sociedade.

Exposición traballos "OS SOÑOS NA GAIOLA"

Os soños na gaiola, de Manuel María, foi a obra protagonista dos traballos realizados polo alumnado de 4º durante esta semana.

Publicado en 1968, Os soños na gaiola está considerado un dos libros máis importantes da literatura infantil galega. A través dos seus poemas, os rapaces e rapazas achegáronse á natureza, á infancia, á liberdade e ao amor pola nosa terra.

Os traballos realizados amosan creatividade, reflexión e moito interese por descubrir a poesía e a cultura galega.

Parabéns polo gran traballo realizado e grazas ao departamento de Lingua Galega por seguir fomentando o amor pola lectura e pola nosa lingua.


22/04/26

Charla ADICIÓNS DIXITAIS E APOSTAS ONLINE (Garda Civil)

O mércores 22 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro participou nunha charla impartida pola Garda Civil dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.

Durante a sesión abordáronse temas de gran relevancia para a mocidade, como a prevención de apostas online e as adicións dixitais, así como fomentar o uso responsable das tecnoloxías.

Grazas á Garda Civil pola súa colaboración.




Teatro "EL PERSA" de Plauto en Xixón

 O martes 21 de abril, o teatro clásico cobrou vida en Xixón!

O alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos tivo a oportunidade de asistir á representación de "El Persa" de Plauto, dentro do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino de Xixón.

Unha comedia chea de enredos, humor e personaces inesquecibles  que nos permitiu achegarnos ao mundo da Antiga Roma e comprobar como, a través do enxeño e dos enganos, estas historias seguen a estar moi vivas na actualidade.

Actividade organizada polos Departamentos de Lingua Castelá e Latín.


12/03/26

Premios gañadores parciais III Liga de Convivencia

Esta semana o alumnado de 1º ESO B e 4º ESO gozou dunha merenda na cafetería do centro por seren os gañadores parciais da III Liga de Convivencia, acompañados polos seus titores.

Parabéns polo voso esforzo e polo traballo realizado!

Animamos tamén a todos os grupos a seguir mellorando naqueles aspectos nos que obtiveron unha puntuación máis baixa. Aínda queda moito por xogar e todo pode cambiar!

O obxectivo é converterse no grupo gañador final do mes de maio... Lembrade: aínda non está nada decidido!




05/03/26

Actividade de ocio en XJUMP. Premios de "Tes Talento" e Entroido

Do Entroido... aos saltos!

Este xoves 5 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato do noso centro, premiados nos concursos Tes Talento e Entroido gozou do seu merecido premio cunha xornada chea de adrenalina no centro de lecer Xjump de Avilés.

Risas, acrobacias e moita enerxía para celebrar a creatividade, o traballo en equipo e o espírito festeiro que demostraron.

Así dá gusto celebrar o Entroido!

26/02/26

Proxecto Redeiras.

O xoves 26 de febreiro, o alumnado de Relixión de 4º da ESO do noso centro participou nunha actividade en Mondoñedo, xunto co IES Monte Castelo (Burela) e o IES Xograr Afonso Gómez (Sarria).

Realizamos un pequeno tramo do Camiño de Santiago, compartindo pasos, reflexións e momentos de convivencia. Vistamos a catedral de Mondoñedo, a Casa Museo Álvaro Cunqueiro e o Museo da Imprenta, descubrindo a riqueza histórica, artística e cultural da nosa terra.

Foi unha xornada de encontro, aprendizaxe e unión, tecendo redes dentro do noso proxecto REDEIRAS

19/02/26

CIBERLIGA

O alumnado de 4º da ESO participou o xoves 19 de febreiro na Ciberliga, unha competición organizada pola Garda Civil para fomentar a ciberseguridade e o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Durante a actividade, o alumnado enfrontouse a distintos retos do mundo dixital, traballando en equipo e desenvolvendo habilidades para indentificar riscos na rede e actuar de maneira responsable no ciberespazo.

Parabéns pola vosa participación e implicación! Seguimos aprendendo tamén no mundo dixital.



10/02/26

Obradoiro RCP e prevención de afogamentos

O alumnado de 4º ESO, 1º FP Básica e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial participou hoxe nun obradoiro práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP) e prevención de afogamentos. 

Unha actividade moi necesaria para aprender a actuar en situación de emerxencia, adquirir coñecementos que poden salvar vidas e reforzar a importancia da prevención e da responsabilidade.







02/02/26

XXIV SEMANA BRANCA EN ANDORRA

Parte do noso alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato gozou na última semana de xaneiro dunha inesquecible Semana Branca en Andorra, combinando deporte, aprendizaxe e convivencia. Esta foi a vixésimo cuarta edición

Unha experiencia única para esquiar, compartir momentos e crear lembranzas, organizada polo departamento de Educación Física, fomentando hábitos saudables e compañeirismo fóra da aula.





12/01/26

Charla FORZAS ARMADAS

O noso alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou o luns 12 de xaneiro nunha completa sesión divulgativa sobre a estructura das Forzas Armadas e as múltiples posibilidades de acceso á carreira militar.

Durante a charla explicouse;

- Estructura xeral: 

Como se organizan os distintos exércitos, os seus ámbitos de acción e as funcións que cumpren tanto a nivel nacional como internacional.

- Vías de acceso:

As diferentes opcións para incorporarse: desde o acceso sen titulación previa ata o ingreso nos centros de formación superiores, incluíndo probas físicas, académicas e condicións específicas.

- Escalas e especialidades:

Os niveis existentes dentro da carreira militar, os itinerarios profesionais e as áreas técnicas, sanitarias, operativas ou de apoio que se poden elexir.

- Requisitos e proceso selectivo:

Idade, estudos mínimos, probas médicas, físicas e psicotécnicas, e toda a información necesaria para iniciar o proceso con garantías.

- Duración dos estudos e titulacións:

Como se desenvolve a formación en cada escala, a duración dos programas e a súa equiparación con carreiras civís, incluídos graos universitarios impartidos nos centros militares.

- Destinos e saídas profesionais:

As posibilidades de traballo tanto en territorio nacional como en misións internacionais, xunto coas opcións de especialización ao longo da vida profesional.

- Condicións laborais e salarios:

Información sobre soldos base, complementos, evolución económica segundo o rango e outras vantaxes asociadas á carreira militar.

Foi unha oportunidade para achegar ao alumnado unha visión clara e actualizada sobre esta opción de futuro profesional, resolvendo dúbidas e ofrecendo información útil para tomar decisións formativas.