Amosando publicacións coa etiqueta 4º de ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º de ESO. Amosar todas as publicacións

04/06/26

Charla Garda Civil Alcohol e drogas

O alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou nunha charla da Garda Civil sobre prevención do consumo de drogas e alcohol.

Un encontro para falar claro, resolver dúbidas e reflexionar sobre os riscos, as presións sociais e as consecuencias que poden ter determinadas decisións.

Porque informarse tamén é aprender a coidarse. E ás veces, unha conversa pode facer pensar máis do que imaxinamos.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.



20/04/26

Exposición Dixitalización 4ºESO

O alumnado de Dixitalización de 4º da ESO presenta unha exposición de infografías sobre seguridade na rede.

Fake news, influencers, ciberacoso, desinformación, adicións ás redes sociais, riscos dixitais e saúde mental,... temas clave para comprender e usar internet de forma responsable e crítica.

Un traballo moi completo que invita á reflexión e ao bo uso das redes sociais.




06/03/26

Carteis do 8M


No noso IES seguimos creando e reivindicando!

O departamento de Educación Plástica e Visual organizou co alumnado de 3º e 4º da ESO a elaboración de carteis con motivo do Día Internacional da Muller. A través de fotografías das propias alumnas e empregando programas de edición fotográfica, deron forma a propostas cheas de creatividade, reflexión e compromiso.

Un traballo que combina arte, tecnoloxía e igualdade para visibilizar a importancia desta data tan significativa como é o 8M.

14/06/24

Charla Educación afectivo-sexual

O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro coa sexóloga e psicóloga Sonia Martínez para falar de afectividade e sexualidade.

Durante o taller achegóuselle información  dunha sexualidade responsable, asertiva, satisfactoria e autónoma baseada en no coñecemento científico e respectando a diversidade.

Traballaron temas como o concepto de sexualidade, o respecto cara a diversidade, o coñecemento do corpo e o funcionamiento sexual e reproductor, a autoestima etc.