14/06/24

Charla Educación afectivo-sexual

O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro coa sexóloga e psicóloga Sonia Martínez para falar de afectividade e sexualidade.

Durante o taller achegóuselle información  dunha sexualidade responsable, asertiva, satisfactoria e autónoma baseada en no coñecemento científico e respectando a diversidade.

Traballaron temas como o concepto de sexualidade, o respecto cara a diversidade, o coñecemento do corpo e o funcionamiento sexual e reproductor, a autoestima etc.