Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

12/06/26

ORATORIA: Un cuarto propio


Durante o último trimestre do curso, o alumnado da materia de Oratoria desenvolveu un proxecto de teatralización de Un cuarto propio, célebre ensaio feminista da escritora británica Virginia Woolf.
A adaptación da obra permitiu ao alumnado achegarse a unha reflexión profunda sobre a igualdade de oportunidades, a liberdade e o papel das mulleres na creación e na cultura.
Un proxecto que, a través da literatura e da expresión oral, convidou a pensar e dialogar sobre cuestións que seguen a ser fundamentais na nosa sociedade.

12/05/25

Dramaturxia nas aulas

O alumnado de 3º e 4º da ESO tivo o pasado 7 de maio unha visita moi especial. Xan Martínez, actor, dramaturgo e profesor de teatro, compartiu co alumnado o seu amplo coñecemento sobre o mundo do teatro e o seu vínculo coa capacidade comunicativa tan importante nas relacións sociais e na vida en xeral. Co taller “Dramaturxia nas aulas” persegue que o alumnado sexa consciente de que o escenario se atopa en calquera ámbito e ademais busca mellorar a súa expresión oral e comunicativa. Moitas grazas, Xan!!