Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022/2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022/2023. Amosar todas as publicacións

21/06/23

Fin de curso 2022/2023

O último día deste curso todo o alumnado do centro participou nunha pequena competición interna composta por diversos xogos: fútbol, vollei, corda, carreira de sacos, xogo dos panos etc. A nosa idea iniciar era trasladar os xogos á praia do Torno, mais as condicións meteorolóxicas impedíronnolo e finalmente celebramos a competencia nas instalacións do centro.





 

Os e as gañadores/as recibiron un pequeno premio moi doce.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos.

Esperamos que pasedes bo verán! Esperámosvos aquí o curso próximo.
















20/06/23

Curso de mergullo impartido por ABUGAL

O pasado luns 19 de xuño o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de iniciarse na práctica do mergullo da man da Asociación de Buceo de Galicia (ABUGAL). 



 

Ao longo da mañá realizáronse múltiples prácticas na piscina municipal e durante a tarde tivo lugar unha inmersión na praia da Caosa.

Desde o IES Marqués de Sargadelos agradecemos a ABUGAL esta marabillosa experiencia que agardamos repetir no futuro.

Queremos transmitir tamén o noso agradecemento ao Concello de Cervo por apoiar desde o primeiro momento esta iniciativa, financiando integramenteo seu custo e facilitando o acceso ás instalacións da piscina municipal e aos vestiarios da praia.

 





















19/06/23

Cadros realizados polo alumnado de Debuxo artístico

O alumnado da materia de Debuxo Artístico realizou estes traballos que mostramos a continuación. Os cadros quedarán expostos permanentemente no centro.


Cadro elaborado por Clara, Helena, Karen e Irene (2º de BAC)


Cadro realizado por Keith (4º de ESO)


Cadro elaborado por Sofía, Blanca e Zeltia (2º de BAC)


Visita do alumnado do CEIP de Cervo e CEIP Península da Paz

O venres 16 de xuño tivemos a visita do alumnado dos colexios do noso concello que o ano que vén cursará 1º de ESO no centro.

Ao chegar tiveron unha pequena charla sobre o funcionamento do IES que se baseou nas principais diferenzas que existen entre o funcionamento dun centro de educación primaria e un de educación secundaria.

Posteriormente percorreron as instalacións do Marqués de Sargadelos e desfrutaron dun petisco na cafetería.

Antes de marchar tiveron tempo de compartir xogos cos compañeiros que este ano cursan xa 1º de ESO.

 








16/06/23

Xornadas de convivencia no albergue Casa Forte de Lusío

 O alumnado de 1° de ESO viaxou ata Samos para realizar unhas xornadas de convivencia.

 


Instaláronse no albergue Casa Forte de Lusío e alí participaron en diversas actividades como xincanas, escaperooms, xogos etc.

Á tarde realizaron unha visita guiada ao Mosteiro de Samos e fixeron noite no albergue.
 












A mañá seguinte percorreron un tramo do camiño de Santiago desde Pascai ata A Guiada.