Amosando publicacións coa etiqueta Ciclo Superior de Química Industrial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciclo Superior de Química Industrial. Amosar todas as publicacións

18/03/26

III FERIA DA EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO DE LUGO

 O noso profesorado dos ciclos de Cultivos Acuícolas (FP dual) e de Química Industrial participa os días 17 e 18 de marzo na III Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo.

Un encontro no que centros educativos, universidades e institucións presentan a súa oferta formativa e orientan ao alumnado no seu futuro profesional e académico.

Unha oportunidade para dar a coñecer a nosa FP e seguir aprendendo, compartindo experiencias e conectando co mundo educativo e laboral








13/03/26

Charla ALCOA

Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.
Un encontro moi enriquecedor no que traballadoras das plantas de Alcoa compartiron a súa experiencia profesional co alumnado do centros educativos da súa contorna.

O obxectivo?
- Dar visibilidade ás carreiras técnicas.
- Promover vocacións científico-tecnolóxicas.
- Achegar referentes femininos ao ámbito industrial.

Un paso máis para inspirar o talento do futuro!

10/02/26

Obradoiro RCP e prevención de afogamentos

O alumnado de 4º ESO, 1º FP Básica e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial participou hoxe nun obradoiro práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP) e prevención de afogamentos. 

Unha actividade moi necesaria para aprender a actuar en situación de emerxencia, adquirir coñecementos que poden salvar vidas e reforzar a importancia da prevención e da responsabilidade.







26/11/25

Visita a NATURLEITE e INDUSTRIAL RECENSE

O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Química industrial realizou este martes 25 de  novembro unha visita formativa ás instalacións de Naturleite (Meira) e Industrial Recense (A Pontenova).

Naturleite é unha industria láctea adicada á elaboración e envasado de leite e outros productos derivados, apostando pola innovación, a calidade e sustentabilidade. Pola súa parte, Industrial Recense é unha empresa especializada na fabricación de elementos metálicos para os sectores da construcción e industria, integrando procesos de deseño, estampación e tratamento superficial.

A actividade permitiu ao alumnado achegarse á realidade productiva de dous sectores industriais distintos, reforzando os contidos abordados na aula e ofrecendo unha visión máis completa das múltiples aplicacións da química ao ámbito industrial. Ademais, a visita contribuíu a fortalecer a relación entre o centro educativo e o tecido empresarial da provincia, destacando o valor das colaboracións que favorecen unha formación máis práctica e próxima ao mundo laboral.

                    
                






07/11/25

Visita a FINSA e Museo Provincial de Lugo

O alumnado de 1º de Bacharelato e do Ciclo Superior de Química Industrial do noso centro realizou unha saída escolar na comarca de Lugo. Pola mañá visitaron a fábrica de FINSA, en Rábade, onde lles explicaron como se fabrican os taboleiros e o compromiso da empresa coa sustentabilidade e aproveitamento responsable da madeira.
Pola tarde, aproveitaron para visitar o Museo Provincial de Lugo, na capital, onde puideron coñecer parte do patrimonio artístico e histórico da nosa provincia.
Foi unha xornada interesante que combinou industria, ciencia e cultura.




23/10/25

Visita a Reganosa

O mércores 22 de outubro, o alumnado de 1º e 2º curso do CSQI desprazáronse ata Mugardos para visitar Reganosa.

Reganosa xestiona infraestructuras que forman parte da rede básica de gas natural en España, garantindo a seguridade do subministro enerxético e permiten diversificar as fontes de aprovisionamento, actuando como respaldo das tecnoloxías renovables. En Mugardos (A Coruña) atópase a súa planta de regasificación.




22/11/24

Visita á refinería de Repsol e Pencil&Fork na Coruña

A semana pasada tivo lugar a segunda viaxe dentro de "Aulas de Emprendemento" do IES Marqués de Sargadelos.

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior en Química Industrial desprazouse ata as instalacións da refinería que Repsol ten na Coruña e na cal o noso alumnado ten a posibilidade de realizar a "Formación en Centros de Traballo" e desde este ano tamén a formación dual intensiva no 2º curso. Alí ademais de ensinarnos as súas instalacións faláronnos da historia da refinería, as súas adaptacións para ser máis sostibles e a gran importancia das chamadas habilidades brandas ou "soft skills" á hora de traballar, xa sexa por conta allea ou á hora de emprender un negocio propio.

Posteriormente, na rúa Alfredo Vicenti, ao carón da praia de Riazor, o xerente de “Pencil&Fork” @pencilandfork_galicia falounos da súa experiencia emprendedora coa que quedamos marabillados. David é licenciado en Química e despois de estar traballando en importantes posicións en universidade e empresa tanto en Cataluña como en Chicago e Londres, foi nesta última cidade onde decidiu emprender o seu propio negocio. Tras a pandemia el e a súa parella decidiron voltar a Galicia e adaptar o negocio londinense á cidade da Coruña. Ambos destacan a importancia de adaptarse ao cliente, algo que vai cambiando co tempo, así como ter confianza e paciencia, o uso de novas tecnoloxías e o saber idiomas para captar clientes de outros países, no seu caso moitos cruceiristas que están de paso na cidade.












31/03/23

Visita a Reganosa e Forestal Atlántico do CS Química Industrial

O mércores 29 de marzo os alimnos e alumnas do Ciclo Superior de Química Industrial visitaron as instalacións de Reganosa en Mugardos. Empresa galega dedicada ao transporte e a regasificación do gas natural. Ademais, aproveitaron a súa estancia en Mugardos para coñecer Forestal del Atlántico, un complexo industrial cunha grande diversidade de liñas de produción como a fabricación de papel ou a xestión de residuos MARPOL dos tipos A, B e C.

As visitas ás emresas do sector serven como complemento da formación do noso alumnado, pero tamén de víncula real entre a formación educativa e a empresa.









23/03/23

Visita a Tejas Verea

O alumnado de Ciclo Superior de Química Industrial visitou a mañá de onte a empresa "Tejas Verea" situado no Concello de Mesía.

 







01/12/22

Visita a Ferroplast e Fiberglass

O alumnado do Ciclo Superior de Química Industrial visitou o pasado mércores 23 de novembro dúas empresas para coñecer os seus procesos produtivos.

A primeira delas, Ferroplast (Muras),  é unha empresa que se adica á fabricación de tuberías e accesorios de PVC e polietileno. Explicáronlles os diferentes procesos de fabricación. Así mesmo ensináronlles como outra empresa do grupo (TEPSA) fabrica caixas, envases, palets e outros utensilios de plástico para a pesca e estruturas destinadas á acuicultura, como bateas.





En Arteixo, o alumnado visitou a empresa Fiberglass que fabrica produtos de poliéster reformado con fibra de vidro, plásticos reforzados e termoconformados.