10/02/26

Obradoiro RCP e prevención de afogamentos

O alumnado de 4º ESO, 1º FP Básica e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial participou hoxe nun obradoiro práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP) e prevención de afogamentos

Unha actividade moi necesaria para aprender a actuar en situación de emerxencia, adquirir coñecementos que poden salvar vidas e reforzar a importancia da prevención e da responsabilidade.