Amosando publicacións coa etiqueta Traballos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballos. Amosar todas as publicacións

02/06/25

Diario de lectura. Caperucita en Manhattan

O alumnado de Lingua e Literatura española de 3º ESO elaborou uns diarios de lectura a partir do libro de Carmen Martín Gaite, Caperucita en Manhattan. Con esta actividade, de carácter máis creativo ou artístico, preténdese que os/as estudantes se sintan motivados e implicados na comprensión e deleite desta novela. Amosamos estes diarios para que todos os visitantes poidan coñecelos e así ver outras posibilidades de somerxernos nunha lectura.






 

30/05/25

Caligramas do alumnado da materia de Lingua castelá e literatura de 4º de ESO

Coa primavera afloran as emocións e, ás veces, fanse máis intensas e, polo tanto, visibles. Algúns alumnos e alumnas de 4º ESO compuxeron uns poéticos caligramas que amosamos no taboleiro.

 

20/02/25

Traballos de 1º FPBásica na materia de Comunicación e Sociedade I

O alumnado de 1º de FP Básica realizou, na materia de Comunicación e Sociedade, uns traballos sobre a figura da muller na Prehistoria, en Grecia e en Roma; nalgúns mitos da cultura grecolatina, como o de Dafne e Apolo e o de Ariadna e Teseo.


Aquí podedes ver o extraordinario resultado.


Parabéns, rapaces!






12/04/24

Exposición de traballos do alumnado

 Nos grupos de 1º e 2º ESO de Lingua e Literatura Galega tratáronse as seguintes lecturas: Perigo vexetal, Leonel e Chamádeme Simbad. Posteriormente os estudantes tiveron que realizar uns proxectos en relación con estas lecturas. Velaiquí os resultados.





18/01/24

Exposicións de traballos de Lingua castelá e literatura

O alumnado de 2º ESO-B de Lingua e Literatura española presentou uns creativos traballos sobre a lectura do pasado trimestre: Los espejos venecianos de Joan M. Gisbert. Amosámolos no expositor da entrada para que todos poidamos desfrutar deles e interesarnos polo libro e o seu autor.