Amosando publicacións coa etiqueta 1º de BAC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º de BAC. Amosar todas as publicacións

11/06/26

Obradoiro cociña (2ª sesión)

 Despois da primeira xornada celebrada en decembro, o alumnado de 1º e Bacharelato participou o mércores 10 de xuño na segunda parte do Obradoiro de Cociña organizado pola ANPA do centro.

Nesta ocasión seguiron aprendendo receitas prácticas e saudables, elaborando pan de pita recheado de atún e aguacate, así como outra versión con polo, tomate e coéngos. Como toque doce final, prepararon unhas deliciosas torradas.

Ademais de poñer en práctica técnicas básicas e trucos útiles para o día a día, fomentando a autonomía e a organización persoal de cara o futuro universitario ou á vida independente.

Unha xornada de aprendizaxe, traballo en equipo e, por suposto, moi bo sabor de boca.











04/06/26

Charla Garda Civil Alcohol e drogas

O alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou nunha charla da Garda Civil sobre prevención do consumo de drogas e alcohol.

Un encontro para falar claro, resolver dúbidas e reflexionar sobre os riscos, as presións sociais e as consecuencias que poden ter determinadas decisións.

Porque informarse tamén é aprender a coidarse. E ás veces, unha conversa pode facer pensar máis do que imaxinamos.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.



14/05/26

Escape room TRÁFICO

 O alumnado de 1º de bacharelato participou o xoves 14 de maio nunha actividade da DGT moi escpecial: o Escape Room "La hora de Oro".

A través do traballo en equipo, dos retos e da resolución de probas, o alumnado puido poñerse na pel dos servizos de emerxencia e reflexionar sobre a importancia da seguridade viaria e da actuación rápida ante un accidente de tráfico.

Unha experiencia dinámica, divertida e moi enriquecedora na que aprender tamén significa xogar e colaborar.

Grazas á DGT por achegar esta iniciativa educativa ao noso centro!




12/06/24

Curso cociña ANPA

Este luns o alumnado de 1° de BAC participou na segunda parte do curso e cociña impartido pola ANPA.


Moitas grazas pola súa colaboración e por estar sempre pendentes das necesidades do alumnado.