Amosando publicacións coa etiqueta SOGAMA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOGAMA. Amosar todas as publicacións

10/04/26

Visita SOGAMA e CASA DAS CIENCIAS

O pasado xoves 9 de abril, o alumnado de 2º da ESO realizou unha saída didáctica ás instalacións de Sogama en Cerceda e á Casa das Ciencias na Coruña.

A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía, co obxectivo de achegar ao alumnado coñecementos da xestión de residuos e á divulgación científica.

Unha xornada moi enriquecedora, na que puideron aprender de forma práctica e descubrir novos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía.




17/10/23

Contedor marrón

Durante a xornada de hoxe o alumnado de 1°, 2° e 3° de ESO recibiu unha charla sobre o uso do novo contedor de lixo marrón para residuos de procedencia orgánica.













26/04/23

Visita a SOGAMA e MUNCYT

O pasado mércores o alumnado de 1º e 2º de ESO viaxou ata Cerceda para visitar SOGAMA. Alí tiveron unha charla informativa na aula educativa a través dunha presentación onde os/as guías proporcionaron datos sobre as instalacións e a funcionalidade destas, visualizaron un vídeo das mesmas e finalmente percorréronas en bus.










Á tarde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na Coruña. Alí tiveron a oportunidade de ver instrumentos científicos, aparellos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas e ferramenta industrial desde o século XVI ata a actualidade.