O pasado mércores o alumnado de 1º e 2º de ESO viaxou ata Cerceda para visitar SOGAMA. Alí tiveron unha charla informativa na aula educativa a través dunha presentación onde os/as guías proporcionaron datos sobre as instalacións e a funcionalidade destas, visualizaron un vídeo das mesmas e finalmente percorréronas en bus.
Á tarde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na Coruña. Alí tiveron a oportunidade de ver instrumentos científicos, aparellos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas e ferramenta industrial desde o século XVI ata a actualidade.