Amosando publicacións coa etiqueta Andrea Maceiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Andrea Maceiras. Amosar todas as publicacións

26/05/26

O PRACER DE LER, de Andrea Maceiras

Desde o equipo de Biblioteca e o EDLG do IES Marqués de Sargadelos queremos recomendar unha lectura moi especial: O pracer de ler, da escritora galega Andrea Maceiras.

Andrea Maceiras é unha das voces máis destacadas da literatura xuvenil galega actual. Nas súas obras aborda temas moi próximos á adolescencia, como a identidade, as emocións, as relacións persoais ou a importancia de atopar o propio lugar no mundo. En O pracer de ler, a autora reflexiona sobre o valor da lectura e sobre como os libros poden axudarnos a comprender mellor a realidade, acompañarnos nos momentos difíciles e abrirnos novas maneiras de pensar e sentir.

Trátase dunha lectura amena, sensible e moi próxima ao alumnado da ESO, ideal para descubrir que ler no é só unha actividade escolar, senón tamén unha fonte de emoción, aventura e crecemento persoal.

Un libro moi recomendable para seguir fomentando o gusto pola lectura en galego.

Achégate ao recuncho da biblioteca e bótalle un ollo!

05/02/24

Encontro con Andrea Maceiras

O pasado 5 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron un encontro con Andrea Maceiras que veu falarlles da súa obra Conta nove estrelas. Obra pola que recibiu os seguintes premios:

Premio Lazarillo 2018

Premio Frei Martín Sarmiento 2020

O alumnado aproveitou para realizar unha morea de preguntas sobre a obra e tamén sobre o oficio de escritora.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos do encontro cunha das escritoras máis lidas da literatura galega actual.