Amosando publicacións coa etiqueta 2º BAC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º BAC. Amosar todas as publicacións

14/05/26

Graduación 2º Bach

 Hoxe despedimos á promoción de 2º de Bacharelato 2025/2026 do IES Marqués de Sargadelos.

Unha tarde chea de emocións, recordos, risas, música e momentos mois especiais compartidos coas familias, profesorado e alumnado.

Remata unha etapa chea de aprendizaxes, esforzo, amizades, risas e recordos que quedarán para sempre na memoria deste centro.

Cada un de vós deixa a súa propia pegada nas aulas, nos corredores... e tamén nos nosos corazóns.

Agora comeza unha nova aventura.

Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa e que nunca vos falte ilusión, valentía e ganas de cumprir os vosos soños.

E lembrade: esta sempre será a vosa casa!.



13/03/26

Charla ALCOA

Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.
Un encontro moi enriquecedor no que traballadoras das plantas de Alcoa compartiron a súa experiencia profesional co alumnado do centros educativos da súa contorna.

O obxectivo?
- Dar visibilidade ás carreiras técnicas.
- Promover vocacións científico-tecnolóxicas.
- Achegar referentes femininos ao ámbito industrial.

Un paso máis para inspirar o talento do futuro!

05/03/26

Actividade de ocio en XJUMP. Premios de "Tes Talento" e Entroido

Do Entroido... aos saltos!

Este xoves 5 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato do noso centro, premiados nos concursos Tes Talento e Entroido gozou do seu merecido premio cunha xornada chea de adrenalina no centro de lecer Xjump de Avilés.

Risas, acrobacias e moita enerxía para celebrar a creatividade, o traballo en equipo e o espírito festeiro que demostraron.

Así dá gusto celebrar o Entroido!

24/02/26

Charla SEXUALIDADE RESPONSABLE

 Na tarde do 23 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre sexualidade responsable, organizada polo Departamento de Orientación.

Da man de María González Cociña, do Centro M (Burela), traballáronse aspectos fundamentais como a prevención, o autocoidado, o respecto, o consentimento e a toma de decisións informadas, nun espazo de diálogo aberto e próximo.

Eduación afectivo-sexual para unha vida máis saudable e consciente.





04/12/25

Charla PAU e USC



Hoxe o noso alumnado de 2º de bacharelato participou nunha sesión informativa impartida por Francisco Rodríguez Lestegás, profesor emérito da USC, na que puideron resolver dúbidas sobre as probas PAU: matrícula, elección de optativas, ponderacións e todas as novidades que trae para este curso. 
A sesión tamén lles permitiu coñecer mellor o funcionamento da universidade: que son os graos, como se organiza o estudio por créditos  ECTS, os diferentes tipos de aulas e metodoloxías docentes, así como a información práctica sobre residencias universitarias e vida académica
Un paso máis para afrontar con seguridade esta etapa decisiva.
Grazas pola visita e pola claridade das explicacións!

06/12/24

Charla Probas PAU e acceso á universidade

O alumnado de 2° de BAC recibiu a visita de Javier González, profesor da USC que veu impartir unha charla sobre as Probas PAU (on moitas novidades este ano) e tamén lles proporcionou información sobre o acceso á universidade.

Agradecemos, un ano máis a súa visita para resolver as dúbidas do alumnado.







16/05/23

Cerimonia 2º de Bacharelato

O pasado luns 15 de maio celebrouse no centro a cerimonia de graduación de 2º de BAC.

Despois de proxectar un vídeo dos recordos destes dous últimos anos o alumnado recibiu uns agasallos cortesía do centro.

Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, rapazada!

Deixamos por aquí algunhas fotos.