Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións

06/03/26

8M


O pasado venres 6 de marzo, no corredor de acceso a cafetería do IES Maqués de Sargadelos, montamos a instalación "O teito de cristal".
Ao longo do percorrido, o alumnado puido ler e reflexionar sobre as diferentes barreiras, comentarios e dificultades que moitas mulleres atopan na súa vida persoal, académica e profesional.
Frases que se escoitan.
Situacións que se repiten.
Desigualdades que ás veces non se ven... pero que existen.
Un espazo para parar, pensar e tomar conciencia.
Porque facer visible o invisible é o primeiro paso para cambialo.
Esta foi unha das actividades organizadas para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller.

Carteis do 8M


No noso IES seguimos creando e reivindicando!

O departamento de Educación Plástica e Visual organizou co alumnado de 3º e 4º da ESO a elaboración de carteis con motivo do Día Internacional da Muller. A través de fotografías das propias alumnas e empregando programas de edición fotográfica, deron forma a propostas cheas de creatividade, reflexión e compromiso.

Un traballo que combina arte, tecnoloxía e igualdade para visibilizar a importancia desta data tan significativa como é o 8M.

27/02/26

O QUE EU QUERO PARA AS MULLERES DA MIÑA VIDA


 Na semana previa ao 8M, Día Internacional da Muller, no noso centro dedicaremos a hora de titoría a unha proposta de reflexión moi significativa.

Todo o alumnado escribirá que quere e que desexa para as mulleres que forman parte da súa vida: igualdade, respecto, oportunidades, liberdades, recoñecemento,...

Un pequeno xesto para expresar compromisos. Un espazo para escoitar, pensar e compartir.






08/03/24

Día Internacional da Muller

Amosamos traballos de alumnado de Educación Plástica con motivo do día da muller: o cartel conmemorativo do 8 de marzo elaborado por un grupo de alumnas de 4º ESO e unha serie de caligramas realizados no grupo de 3º ESO con diversos lemas alusivos a esta temática.







 

08/03/23

Proxección do filme "Sufraxistas"

 

Outra das actividades que se realizaron en conmemoración do Día da Muller foi a proxección do filme Sufraxistas para 1º e 2º da ESO na biblioteca do centro. 

Estreada en 2015 conta a historia dos primeiros movementos feministas que se deron na Inglaterra de principios do século XX, poucos anos  antes do comezo da Primeira Guerra Mundial. Moitas mulleres inglesas defenderon nesta época o seu dereito ao voto, e agrupáronse nun movemento coñecido como "As sufraxistas". Loitaron contra un goberno que lles negaba dereitos políticos, laborais e legais, así como o acceso á educación, entre outros moitos.


 







06/03/23

Charla "Olladas de muller" coa fotógrafa Cristina Andina

 

Dentro das actividades do Día da Muller, este luns 6 de marzo tivemos a sorte de contar no centro con Cristina Andina. O alumnado de 4º de ESO e 1º BAC tivo un encontro con esta afamada fotógrafa. Durante a charla fíxose un repaso das mulleres fotógrafas máis recoñecidas do momento e do propio traballo desta afamada profesional.














02/03/23

A muller e o fútbol sala. Día da muller

.
Dentro das actividades que estamos a desenvolver polo Día da Muller, hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de tres grandes xogadoras do CD Burela FS. Visitárnnos Cilene Pareira, Irene Samper e Emilly Micaela Marcondes. O alumnado escoitou as experiencias deportivas vistas desde un punto de vista feminino das xogadoras que visitaron o centro. Tratáronse temas como a discriminación, diferenzas entre o deporte masculino e feminino,... e cada xogadora relatou anécdotas de casos concretos que sufriran ao longo da súa carreira deportiva. Así mesmo, tamén se trataron temas deportivos e da vida social para concienciar ao alumnado do alto esforzo que require ser depostista de elite.