06/03/26

8M


O pasado venres 6 de marzo, no pasillo de acceso a cafetería do IES Maqués de Sargadelos, montamos a instalación "O teito de cristal".
Ao longo do percorrido, o alumnado puido ler e reflexionar sobre as diferentes barreiras, comentarios e dificultades que moitas mulleres atopan na súa vida persoal, académica e profesional.
Frases que se escoitan.
Situacións que se repiten.
Desigualdades que ás veces non se ven... pero que existen.
Un espazo para parar, pensar e tomar conciencia.
Porque facer visible o invisible é o primeiro paso para cambialo.
Esta foi unha das actividades organizadas para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller.