Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións

09/06/26

REPOBOACIÓN ÁRBORES AUTÓCTONAS

 De monte queimado... a monte con futuro!

O alumnado de 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos puxo as mans na terra para participar na repoboación con árbores autóctonas na zona de Riocobo, afectada polos incendios de hai meses.

Unha mañá diferente para aprender, colaborar e devolverlle a vida ao noso entorno.

Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cervo e coa participación do Programa Voz Natura.

31/05/23

Roteiro natural pola contorna 4º ESO

O pasado venres 26 de maio o alumnado da materia de Bioloxía de 4º ESO participou nunha saída pola contorna natural do centro educativo. 

Ao longo do roteiro realizáronse tres paradas. A primeira na praia de O Portelo, a segunda na praia do Torno e a última na ponte medieval do río Cobo. 

Ademais de percorrer a contorna natural o alumnado levou a cabo varias tarefas.

Por unha banda, realizouse un estudo das especies vexetais que nos fomos atopando nunha parte da andaina. As especies atopadas  foron rexistradas nun mapa no que se amosa o percorrido seguido e que podedes consultar na seguinte ligazón.

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1_6VBDEeNzxLYQa5NJG4XyluSMYieYJM&ll=43.69421485625395%2C-7.441447000000001&z=16

Por outra banda, o alumnado tomou mostras de auga nas tres paradas realizadas para estudar no laboratorio a biodiversidade de microorganismos.


Proximamente subiremos máis fotografías das especies atopadas.

A pesar de que a marea estaba algo alta, tamén puidemos estudar a biodiversidade mariña existente nas pozas da praia do Torno.


 

Por último, recollimos todo o lixo (fundamentalmente plásticos) que atopamos na praia do Torno e depositámolo nos contedores correspondentes contribuíndo á mellora da nosa contorna natural.


 

15/05/23

Entrega de premios I Concurso de fotografía IES Marqués de Sargadelos - Voz Natura

A semana pasada o xurado do I Concurso de fotografía IES Marqués de Sargadelos - Voz Natura entregou cadanseu premio aos gañadores do certame.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos


















04/05/23

Gañadores do I Concurso de fotografía IES Marqués de Sargadelos - Voz Natura

Xa temos aos gañadores do I Concurso de Fotografía IES Marqués de Sargadelos - Voz Natura

Categoría 1: 4º de ESO, BAC e Ciclos.
 
"Cágado nunha gaiola de vidro"
Keith Izquierdo Otero de 4º de ESO

Categoría 2: 1º, 2º e 3º de ESO

"Contaminación atmosférica"
Roi de la Plaza Calvo 1º de ESO A

A entrega de premios realizarase o venres 12 de maio no 2º recreo.

Moitas grazas pola participación e parabéns aos gañadores!


 

17/03/23

I Concurso de fotografía IES Marqués de Sargadelos

Xa temos cartel para o I Concurso de fotografía do IES Marqués de Sargadelos- Voz Natura! 

Establécense dúas categorías. Por un lado os participantes de ESO e por outro o alumnado de Bacharelato e Ciclos. A temática da fotografía versará sobre "Os residuos e a degradación ambiental da contorna natural". Para participar deberedes enviar ao correo do centro: ies.marques.sargadelos@edu.xunta.gal unha imaxe en formato .jpg e no asunto indicar: Concurso fotografía 2023.

A data límite para inscribirse será o 18 de abril. Animádevos!