Amosando publicacións coa etiqueta ciclos formativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciclos formativos. Amosar todas as publicacións

20/05/26

Xornadas de orientación no IES San Rosendo

 O martes 19 de maio, o profesorado de ciclos do IES Marqués de Sargadelos asistiu a xornadas de orientación do IES San Rosendo de Mondoñedo.

Alí demos a coñecer a nosa oferta de ciclos formativos: Ciclo Medio Dual de Cultivos Acuícolas e Ciclo Superior de Química Industrial.

Unha oportunidade para achegar o noso ensino ao futuro alumnado e compartir experiencias educativas.



18/03/26

III FERIA DA EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO DE LUGO

 O noso profesorado dos ciclos de Cultivos Acuícolas (FP dual) e de Química Industrial participa os días 17 e 18 de marzo na III Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo.

Un encontro no que centros educativos, universidades e institucións presentan a súa oferta formativa e orientan ao alumnado no seu futuro profesional e académico.

Unha oportunidade para dar a coñecer a nosa FP e seguir aprendendo, compartindo experiencias e conectando co mundo educativo e laboral








06/11/25

RÍA DE AROUSA


O alumnado de 2º curso do Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas estivo na Ría de Arousa os días 4 e 5 de novembro, completando a súa formación académica.

No primeiro día visitaron bateas de mexillón e unha depuradora de mariscos no Grove e, o día seguinte, as instalacións de IGAFA na Illa de Arousa.

















23/10/25

Visita a Reganosa

O mércores 22 de outubro, o alumnado de 1º e 2º curso do CSQI desprazáronse ata Mugardos para visitar Reganosa.

Reganosa xestiona infraestructuras que forman parte da rede básica de gas natural en España, garantindo a seguridade do subministro enerxético e permiten diversificar as fontes de aprovisionamento, actuando como respaldo das tecnoloxías renovables. En Mugardos (A Coruña) atópase a súa planta de regasificación.




09/10/25

Visita ao banco marisqueiro de Ferrol e ao Museo de Historia Natural



O mércores 8 de outubro desplazáronse ata Ferrol o alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas, para completar a súa formación.

Pola mañá visitaron a zona intermareal na Ría de Ferrol, e realizaron unha mostraxe no banco marisqueiro. Acompañounos o biólogo da Confraría de Pescadores de Ferrol. Despois, estiveron tamén no edificio da confraría.

Aproveitaron a tarde para visitar o Museo de Historia Natural de Ferrol.






25/09/25

MOSTRAXE NO BANCO MARISQUEIRO DO BARQUEIRO



 O alumnado do 2º curso do  Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas visitou  onte o banco marisqueiro de O Barqueiro (Mañón). Acompañados polo seu profesor e tamén polo biólogo da Confrafría de Pescadores, realizaron unha mostraxe nese banco, e puideron comprobar os efectos da especie de ostra invasora que os afecta. 

A continuación trasladáronse ao edificio da Confraría e aprenderon a subir os datos obtidos nas aplicacións informáticas coas que traballan.














16/09/25

Charla informativa da EOI de Viveiro e Burela


   Profesorado da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro estivo o luns 15 de setembro no noso centro. Informou ao alumnado de 4º ESO, bacharelato e ciclos formativos sobre a súa oferta educativa e titulacións que poden obter nas súas seccións de Burela e Viveiro.