O alumnado do 2º curso do Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas visitou onte o banco marisqueiro de O Barqueiro (Mañón). Acompañados polo seu profesor e tamén polo biólogo da Confrafría de Pescadores, realizaron unha mostraxe nese banco, e puideron comprobar os efectos da especie de ostra invasora que os afecta.
A continuación trasladáronse ao edificio da Confraría e aprenderon a subir os datos obtidos nas aplicacións informáticas coas que traballan.



