26/09/25

Actividade ANPA en colaboración coa Fundación ALCOA

 A ANPA do noso centro, dentro do Plan Acciona, organizou unha actividade en colaboración coa Fundación ALCOA, o xoves 25 de setembro.

Voluntarias e voluntarios elaboraron unhas macetas para o noso invernadoiro, reciclando botellas de plástico, cordas e palés de madeira.

Tamén pintaron un colector para tapóns de plástico que instalaron no patio traseiro.