Amosando publicacións coa etiqueta Encontro literario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro literario. Amosar todas as publicacións

19/03/25

Charla "Atranco nun banco" Núñez Singala

Manuel Núñez Singala mantivo un encontro co alumnado de 1º de ESO con motivo da lectura do seu libro “Atranco nun banco”. Na sesión participaron os dous grupos.













14/05/24

Encontro con Antía Yáñez

O pasado luns 13 de maio o alumnado de 1º de BAC recibiu a visita da escritora Antía Yáñez para falar da súa obra Senlleiras. Obra coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa en 2018.

O alumnado tomou conta do proceso de elaboración da obra, coñecendo detalles como a ubicación de edificios e das pasaxes máis importantes do libro. 











05/02/24

Encontro con Andrea Maceiras

O pasado 5 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron un encontro con Andrea Maceiras que veu falarlles da súa obra Conta nove estrelas. Obra pola que recibiu os seguintes premios:

Premio Lazarillo 2018

Premio Frei Martín Sarmiento 2020

O alumnado aproveitou para realizar unha morea de preguntas sobre a obra e tamén sobre o oficio de escritora.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos do encontro cunha das escritoras máis lidas da literatura galega actual.

















13/04/23

Encontro co ilustrador e debuxante Cristian F. Caruncho

 Hoxe tivemos a sorte de encontrármonos con Cristian F.Caruncho, ilustrador do libro Saínza, a punkiereteira. Un traballo realizado xunto á escritora María Canosa.

O alumnado de 2º ESO coñeceu o proceso de elaboración deste libro da man do propio debuxante, como se iniciou a idea para a creación e as ferramentas que utiliza.



































22/12/22

Encontro literario con Antía Yáñez

 

O mércores 21 de decembro o alumnado de 1º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro coa escritora burelá Antía Yáñez. Os rapaces e rapazas puideron coñecer máis de cerca detalles dos libros O misterio do torque de Burela e Senlleiras.