10/06/22
08/06/22
MULLERES HISTÓRICAS. PLANS PROXECTA. DONAS DE SI E 365 DÍAS EN IGUALDADE.
O alumnado de 4ª de ESO, na materia de Historia veu realizando traballos sobre mulleres históricas. Actividades enmarcadas dentro dos Plans Proxecta "Donas de si"e "365 días en igualdade". Velaquí algúns dos resultados.
08/03/22
CHARLA DO GRUPO DE FORMADORES DA GARDA CIVIL: VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO.
Charla do grupo de formadores da Garda Civil dentro do Plan director 2021-22. Tema: a violencia de xénero. Obxectivo: mellorar a convivencia e seguridade nos centros educativos e nas famílias do noso alumnado.
01/02/22
15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. EXPOSICIÓN.
Na galería do IES MARQUÉS DE SARGADELOS contamos estes días coa exposicón "15 artistas contra a violencia de xénero". Enmarc ada dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade". Fonte de inspiración e aprendizaxe para o noso alumnado de Educación Plástica de 1º de ESO. Unhas imaxes véndoos traballando e aprendendo con tal pretexto.
18/01/22
10/01/22
POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE. PLAN PROXECTA.
Tratamos de evitar que sucedan cousas como as que se ven neste vídeo de apenas 2 minutos.
Vale a pena velo.
Esta mañá tivo lugar na nosa biblioteca unha charla con este título: "A violencia de xénero e o novo contexto dixital". Centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión, exposición mediante a xeolocalización, etc.
09/12/21
01/12/21
Asistimos hoxe a unha representación teatral da actriz de Celeiro de Mariñaos, Estíbaliz Veiga. “Serramoura”, “Pazo de familia”, “Os mortos van á présa”, “Efectos secundarios” ou “Avenida de América” son só algunhas das series ou películas que a identifican. Estupenda actriz, que ademais é de Barreiros. Hoxe interpretounos unha peza teatral que enmarcamos dentro do noso Plan Proxecta “365 días en igualdade”. A actriz encarna a Pamela nunha obra chea de mensaxes e reivindicacións que se transmiten a través dunha muller que sofre violencia machista. Un feito real que vai contando a propia protagonista para que o público poida concienciarse da súa situación e do seu problema. Esa violencia que non só está nos golpes senón tamén no comportamento diario, no trato infame, na convivencia, na desigualdade, nas diferenzas tan marcadas polo xénero. Unha representación que ten como meta educar en igualdade e conseguir que as novas xeracións constrúan unha sociedade futura máis igualitaria que a que temos hoxe. O noso agradecemento ao director Xosé Leis, ao produtor Bernardino Martínez e á propia actriz que tan ben representa as inxustas experiencias das mulleres mal tratadas...
PLAN PROXECTA. 365 DÍAS EN IGUALDADE. INTERPRETACIÓN DA OBRA TEATRAL "Golpes". A CARGO DE ESTÍBALIZ VEIGA.
PARA O NOSO ALUMNADO DE 3º ESO - 4º ESO - 1º DE BACHARELATO E FP BÁSICA.
25/11/21
25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
SE FAS CLIC NAS IMAXES VERÁS FOTOS E UN FERMOSO VÍDEO NO QUE PARTICIPAMOS TODOS. TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CON MÁSCARA LILA COMO XESTO.









.jpg)









