ESTA MAÑÁ ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA. Nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes e xente moi nova cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Ademais, estudos recentes como o realizado polo Ministerio de Igualdade e a Universidade Complutense de Madrid amosan que entre a poboación máis nova aínda persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia. Polo tanto é necesario intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.
PLAN PROXECTA. POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE.