Amosando publicacións coa etiqueta FPBásica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FPBásica. Amosar todas as publicacións

10/02/26

Obradoiro RCP e prevención de afogamentos

O alumnado de 4º ESO, 1º FP Básica e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial participou hoxe nun obradoiro práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP) e prevención de afogamentos. 

Unha actividade moi necesaria para aprender a actuar en situación de emerxencia, adquirir coñecementos que poden salvar vidas e reforzar a importancia da prevención e da responsabilidade.







21/10/25

CHARLAS PLAN DIRECTOR (GARDA CIVIL)


Hoxe visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir tres charlas do Plan Director.

As primeiras foron dirixidas a 2º e 3º da ESO, e FP Básica, sobre a prevención dos delitos de odio, que son actos que implican discriminación, hostilidade ou violencia contra un grupo baseado en características como raza, relixión, orixe, orientación sexual ou discapacidade.

A continuación, co alumnado de 1º da ESO tratou as consecuencias que padecen as persoas que sofren o acoso escolar, xa sexa o acoso tradicional ou que se que produce facendo uso de medios tecnolóxicos. Puxo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.

Por último, impartirónse dúas charlas sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores, para alumnado de 2º e 3º da ESO e 1º FP Básica.

20/02/25

Traballos de 1º FPBásica na materia de Comunicación e Sociedade I

O alumnado de 1º de FP Básica realizou, na materia de Comunicación e Sociedade, uns traballos sobre a figura da muller na Prehistoria, en Grecia e en Roma; nalgúns mitos da cultura grecolatina, como o de Dafne e Apolo e o de Ariadna e Teseo.


Aquí podedes ver o extraordinario resultado.


Parabéns, rapaces!






20/10/22

Viaxe á Pontenova

O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina acudiu o pasado luns día 17 ó entorno do complexo histórico e recreativo da Pontenova.


 

 

 

Grazas á visita guiada da empresa https://tirolinadasminas.com, recibiron información do pasado industrial de fornos como o de Boulloso, así como das minas de ferro, das máis grandes de Galicia, e cuxo mineral extraído foi dos primeiros en operar no mercado internacional. Así puideron acceder ao primeiro nivel da mina Consuelo, dunha grandeza extraordinaria con ata oito niveis, cinco subterráneos e tres superiores, contabilizando ata tres quilómetros excavados nas covas.

 

 

 

 

A continuación gozaron da tirolina de 330 metros de longo que recrea o antigo funicular aéreo que transportaba o mineral de ferro ao forno de Boulloso.


 

Para rematar o alumnado realizou unha camiñada de preto de 7 quilómetros polo antigo trazado da liña ferroviaria que enlazaba as minas de ferro da Pontenova co cargadoiro de Ribadeo.