Amosando publicacións coa etiqueta Plan Director. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Director. Amosar todas as publicacións

04/06/26

Charla Garda Civil Alcohol e drogas

O alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou nunha charla da Garda Civil sobre prevención do consumo de drogas e alcohol.

Un encontro para falar claro, resolver dúbidas e reflexionar sobre os riscos, as presións sociais e as consecuencias que poden ter determinadas decisións.

Porque informarse tamén é aprender a coidarse. E ás veces, unha conversa pode facer pensar máis do que imaxinamos.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.



22/04/26

Charla ADICIÓNS DIXITAIS E APOSTAS ONLINE (Garda Civil)

O mércores 22 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro participou nunha charla impartida pola Garda Civil dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.

Durante a sesión abordáronse temas de gran relevancia para a mocidade, como a prevención de apostas online e as adicións dixitais, así como fomentar o uso responsable das tecnoloxías.

Grazas á Garda Civil pola súa colaboración.




21/10/25

CHARLAS PLAN DIRECTOR (GARDA CIVIL)


Hoxe visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir tres charlas do Plan Director.

As primeiras foron dirixidas a 2º e 3º da ESO, e FP Básica, sobre a prevención dos delitos de odio, que son actos que implican discriminación, hostilidade ou violencia contra un grupo baseado en características como raza, relixión, orixe, orientación sexual ou discapacidade.

A continuación, co alumnado de 1º da ESO tratou as consecuencias que padecen as persoas que sofren o acoso escolar, xa sexa o acoso tradicional ou que se que produce facendo uso de medios tecnolóxicos. Puxo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.

Por último, impartirónse dúas charlas sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores, para alumnado de 2º e 3º da ESO e 1º FP Básica.

21/02/25

Charla Plan Director: Delitos de odio

O mes pasado Héctor Méndez Fernández, Garda Civil da Comandancia de Lugo e un dos responsables do Plan Director, achegouse ao centro para impartir unha charla sobre delitos de odio ao alumnado de 3° e 4° de ESO. Esta charla céntrase en fomentar accións de sensibilización e formación dirixidas a concienciar os rapaces e rapazas sobre o respecto á dignidade, igualdade e non discriminación e promover a denuncia destes actos. 










15/10/24

Charlas Plan director: Acoso escolar e Prevención de delitos sexuais

Onte visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir dúas charlas do Plan Director.

A primeira delas dirixida ao alumnado de 1° e 2°de ESO sobre acoso escolar, onde se trataron as consecuencias que sofren as persoas que o padecen, xa sexa acoso tradicional ou o que se produce facendo uso de medios tecnolóxicos, poñendo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.

Por outro lado, impartiuse unha charla sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores para alumnado de 3° de ESO, 4° de ESO e 1° e 2° de FPBásica.







12/04/24

Plan Director: Adiccións con substancia

O xoves 4 de abril o alumnado de 3° de ESO e 1° de FPBásica recibiu unha das charlas concedidas dentro do Plan Director que leva o nome de “Adiccións con substancia".

A charla foi impartida por Ramón Pena da Comandancia da Garda Civil de Lugo que, de novo, se achegou ao noso centro para tocar o tema das drogas socialmente aceptadas como o tabaco e alcol e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas









07/03/24

Charlas Plan Director: Acoso Escolar e Ciberacoso // Prevención de delitos sexuais

Onte recibimos a visita dun formador da Garda Civil de Lugo, Héctor Méndez, que dentro das charlas do Plan Director veu falarlle ao alumnado de 1° e 2° de ESO de acoso escolar e ciberacoso e sobre prevención de delitos sexuais ao alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC.


Entre os temas tratados na charla de acoso escolar, púxose especial énfase en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.


Por iso cómpre facilitarlles ferramentas para conseguir que desenvolvan habilidades para a prevención de conflitos e para evitar o risco de converterse tamén en vítimas de determinados delitos.










29/11/23

Charla Ciberseguridade e preveción de delitos sexuais relacionado coas redes sociais (plan Director)

O alumnado de 1° e 2° de ESO recibiu a visita da Garda Civil dentro da iniciativa do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seu entorno", para falarlles sobre ciberseguridade e prevención de delitos sexuais relacionados coas redes sociais.







13/06/23

Charlas PLAN DIRECTOR: Adiccións e Sexting

 

Este luns 12 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis con Ramón Peña da Comandancia da Garda Civil de Lugo que veu impartir unhas charlas ao alumnado do noso centro dentro do Plan Director.

O alumnado de 3° e 4° de ESO recibiu formación sobre as adiccións con substancia. Falaron sobre drogas socialmente aceptadas como o alcol e tabaco e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas.

.
 







Posteriormente o alumnado de 2° de ESO tivo unha charla sobre a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles ou redes sociais o que popularmente se coñece mediante o anglicismo "sexting".
 

Mediante este encontro preténdese sensibilizar e orientar sobre comportamento que poden derivar en accións delictivas.

Tamén é importante facilitarlles ferramentas para evitar converterse en vítimas e por último, inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda se fose necesario

09/02/23

Charla Ciberseguridade

 

Hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu a visita do Equipo de Plan Director da Garda Civil de Lugo para profundizar no tema da Ciberseguridade e os problemas e delitos relacionados, como a suplantación de identidade, a difusión de datos persoais e estafas. Tamén trataron dun xeito práctico a configuración adecuada de terminais móbiles e contas de usuario de redes sociais (Instagram, TikTok e de servizos como Google), incidindo sobre todo no uso da dobre autenticación, a seguridad das credenciais de acceso e da identificación por Token, así como o perigoo da súa cesión.