15/10/24

Charlas Plan director: Acoso escolar e Prevención de delitos sexuais

Onte visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir dúas charlas do Plan Director.

A primeira delas dirixida ao alumnado de 1° e 2°de ESO sobre acoso escolar, onde se trataron as consecuencias que sofren as persoas que o padecen, xa sexa acoso tradicional ou o que se produce facendo uso de medios tecnolóxicos, poñendo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.

Por outro lado, impartiuse unha charla sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores para alumnado de 3° de ESO, 4° de ESO e 1° e 2° de FPBásica.