26/06/24

Para que serven as mates?

Durante a última semana do presente curso, o grupo de estudantes de 3º ESO realizou un pequeno traballo de investigación acerca de homes e mulleres matemáticas que resultaron fundamentais para o desenvolvemento de varios proxectos como por exemplo a creación dun algoritmo informático ou a invención dunha Máquina analítica,  entre outros. De aí, o título que escolleron para a súa exposición: "Para que serven as mates?"