📚💜
25N
na biblioteca do centro 💜📚
25/11/25
25N na biblioteca
02/12/24
Representación de "Invisible"
Con motivo da conmemoración do 25 N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller o alumnado de Oratoria de 3º de ESO realizou unha representación na Biblioteca do centro baseada na obra Invisible de Aizpea Goenaga.
O contexto é o seguinte: unha muller acaba de ser maltratada fisicamente polo seu marido. Na obra interveñen varias voces como a nai que insiste en que volva coa parella ou unha amiga, que lle dá ánimos para que continúe coa denuncia.
Deixámosvos aquí a obra completa:
25/11/24
25 N Día da Eliminación da Violencia contra as mulleres
Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO abordaron esta temática e elaboraron uns carteis valéndose dunha aplicación de fotografía, o resultado son uns impactantes pósters que nos invitan a tomar conciencia desta lacra social que padecemos. Expoñémolos no taboleiro da entrada xunto con algunhas publicacións que tratan sobre diversos temas como, a igualdade, as relacións de parella, o papel da muller noutras épocas, o feminismo ou mulleres destacadas en distintos ámbitos e que serven de referente as xeracións vindeiras.
01/12/22
Actividades 25N
Con motivo da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o alumnado estivo inmerso en diversas actividades.
En primeiro lugar, redactaron lemas contra a violencia que quedaron expostos durante estas dúas semanas.
O venres 25 levouse a cabo un taller de maquillaxe durante os recreos:
Por último, o luns 28 foron pasando para deixar a súa pegada dixital nun mural e sumarse á loita contra a violencia de xénero:
































