📚💜
25N
na biblioteca do centro 💜📚
Este
ano conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra as Mulleres cun espazo moi especial: o noso punto violeta,
onde presentamos unha selección de libros para pensar, sentir e
tomar conciencia.
✨
“Que
o único que che roube o alento sexa un libro” é o lema que guía
esta iniciativa.
Ao
longo da biblioteca tamén agardan citas repartidas polas mesas e
estanterías, pequenas pinceladas de reflexión para acompañar as
lecturas, xunto cunha exposición de carteis elaborados polo
alumnado, que enchen o espazo de creatividade, sensibilidade e
compromiso.
A
lectura é unha das mellores ferramentas para construír igualdade.
Sigamos lendo, aprendendo e avanzando xuntas e xuntos. 💜📖


