Hoxe estivo no noso centro María González Cociña, matrona e directora do Centro M (Burela), para impartir dous talleres de educación sexual adaptados á etapa da adolescencia.
Comezou co alumnado de 1º e 2º ESO, con "Coñecendo o meu corpo". Este taller aborda os cambios físicos e emocionais que experimentan os rapaces e rapazas na pubertade, enfocado para promover a igualdade, a empatía e o respecto cara os compañeiros e compañeiros. Mediante presentación e actividades interactivas explicouse a función reproductiva de ambos e profundizamos no ciclo menstrual. Tamén se achegaron productos de hixiene menstrual para familiarizarse con eles.
Despois, impartiu o taller "Sexualidade responsable" co alumnado de 2º e 4º da ESO. Nel deu información clara e adaptada sobre relacións sexuais, ITS e anticoncepción, fomentando o autocoñecemento, a relación positiva ca propia sexualidade, a toma de decisións responsables e o respecto interpersoal.
Estes talleres foron moi enriquecedores e contribúen á educación integral do noso alumnado.