21/11/25

Exposición O SISTEMA SOLAR

 O alumnado de 1º da ESO elaborou diversas maquetas do Sistema Solar dentro da materia de Bioloxía e Xeoloxía. A actividade permitiulles comprender mellor a organización dos planetas, as súas proporcións e movementos, ademais de fomentar a observación científica e o rigor na representación.

Estes traballos amosan como a aprendizaxe práctica contribúe a consolidar conceptos fundamentais da astronomía e esperta a curiosidade polo estudo do universo.

Unha excelente mostra de divulgación científica a pequena escala, feita coas súas propias mans.