Amosando publicacións coa etiqueta Educar en xustiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educar en xustiza. Amosar todas as publicacións

17/10/24

Visita aos xulgados de Viveiro

Hoxe tivemos a oportunidade de realizar unha saída escolar aos Xulgados de Viveiro, onde fomos recibidos pola xuíza e o fiscal.

Durante a visita, puidemos presenciar tres casos de diversa índole, cada un deles explicado en detalle polos maxistrados. Esta experiencia permitiunos coñecer de preto o funcionamento do sistema xudicial, ofrecéndonos unha visión máis clara sobre os procedementos legais e a importancia da xustiza na nosa sociedade.

Agradecemos a atención e o tempo dedicado polos profesionais do xulgado, que fixeron desta saída unha experiencia formativa e enriquecedora.





19/10/23

Visita ao xulgados de Viveiro

O alumnado de 1° de BAC visitou o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución n°2 de Viveiro.

Percorreron as instalacións e tiveron oportunidade de asistir como público a algúns dos xuízos que se celebraron esa mesma mañá.
Esta actividade está enmarcada dentro do Programa "Educar en xustiza" promovido polo Consello Xeral do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O obxectivo desta iniciativa é achegar a xustiza á mocidade para que coñeza o seu funcionamento.