Amosando publicacións coa etiqueta Charla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Charla. Amosar todas as publicacións

04/06/26

Charla Garda Civil Alcohol e drogas

O alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou nunha charla da Garda Civil sobre prevención do consumo de drogas e alcohol.

Un encontro para falar claro, resolver dúbidas e reflexionar sobre os riscos, as presións sociais e as consecuencias que poden ter determinadas decisións.

Porque informarse tamén é aprender a coidarse. E ás veces, unha conversa pode facer pensar máis do que imaxinamos.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.



14/05/26

Charla MENORES NIN UNHA GOTA

O mércores 13 de maio, o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu a dúas charlas do programa Menores nin unha gota, impulsado pola Fundación Alcohol y Sociedad.
Nestas sesións abordouse a importancia de previr o consumo de alcohol en menores, analizando os seus efectos para a saúde, especialmente no cerebro en desenvolvemento, así como os riscos asociados a condutas pouco seguras.
Tamén se traballaron estratexias para tomar decisións responsables, resistir á presión do grupo e fomentar hábitos de vida saudables.
Unha iniciativa clave para sensibilizar e acompañar á nosa mocidade no camiño cara un estilo de vida máis consciente e saudable.




22/04/26

Charla ADICIÓNS DIXITAIS E APOSTAS ONLINE (Garda Civil)

O mércores 22 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro participou nunha charla impartida pola Garda Civil dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.

Durante a sesión abordáronse temas de gran relevancia para a mocidade, como a prevención de apostas online e as adicións dixitais, así como fomentar o uso responsable das tecnoloxías.

Grazas á Garda Civil pola súa colaboración.




13/03/26

Charla ALCOA

Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.
Un encontro moi enriquecedor no que traballadoras das plantas de Alcoa compartiron a súa experiencia profesional co alumnado do centros educativos da súa contorna.

O obxectivo?
- Dar visibilidade ás carreiras técnicas.
- Promover vocacións científico-tecnolóxicas.
- Achegar referentes femininos ao ámbito industrial.

Un paso máis para inspirar o talento do futuro!

24/02/26

Charla SEXUALIDADE RESPONSABLE

 Na tarde do 23 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre sexualidade responsable, organizada polo Departamento de Orientación.

Da man de María González Cociña, do Centro M (Burela), traballáronse aspectos fundamentais como a prevención, o autocoidado, o respecto, o consentimento e a toma de decisións informadas, nun espazo de diálogo aberto e próximo.

Eduación afectivo-sexual para unha vida máis saudable e consciente.





22/01/26

NATURGY. Obradoiro "A enerxía en xogo"

Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO participou en "A enerxía en xogo", un taller interactivo da Fundación Naturgy, organizada polo Departamento de Tecnoloxía. Durante dúas sesións intensas na biblioteca, aprenderon xogando sobre eficiencia enerxética, sustentabilidade e toma de decisións responsables.

Foi unha experiencia divertida e educativa, na que o alumnado traballou en equipo, investigou e reflexionou sobre o futuro enerxético do noso planeta.









12/01/26

Charla FORZAS ARMADAS

O noso alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou o luns 12 de xaneiro nunha completa sesión divulgativa sobre a estructura das Forzas Armadas e as múltiples posibilidades de acceso á carreira militar.

Durante a charla explicouse;

- Estructura xeral: 

Como se organizan os distintos exércitos, os seus ámbitos de acción e as funcións que cumpren tanto a nivel nacional como internacional.

- Vías de acceso:

As diferentes opcións para incorporarse: desde o acceso sen titulación previa ata o ingreso nos centros de formación superiores, incluíndo probas físicas, académicas e condicións específicas.

- Escalas e especialidades:

Os niveis existentes dentro da carreira militar, os itinerarios profesionais e as áreas técnicas, sanitarias, operativas ou de apoio que se poden elexir.

- Requisitos e proceso selectivo:

Idade, estudos mínimos, probas médicas, físicas e psicotécnicas, e toda a información necesaria para iniciar o proceso con garantías.

- Duración dos estudos e titulacións:

Como se desenvolve a formación en cada escala, a duración dos programas e a súa equiparación con carreiras civís, incluídos graos universitarios impartidos nos centros militares.

- Destinos e saídas profesionais:

As posibilidades de traballo tanto en territorio nacional como en misións internacionais, xunto coas opcións de especialización ao longo da vida profesional.

- Condicións laborais e salarios:

Información sobre soldos base, complementos, evolución económica segundo o rango e outras vantaxes asociadas á carreira militar.

Foi unha oportunidade para achegar ao alumnado unha visión clara e actualizada sobre esta opción de futuro profesional, resolvendo dúbidas e ofrecendo información útil para tomar decisións formativas.

20/11/25

Charla INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

Hoxe visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para realizar co alumnado de 3° da ESO un taller co obxectivo  de sensibilizar sobre o uso responsable de Internet e redes sociais, así como da importancia de manter unha pegada dixital segura e positiva.

O contido deste taller centrouse en:

- Comprender que é a pegada dixital e como se forma.

- Identificar risco asociados á sobreexposición de datos persoais.

- Aprender a configurar a seguridade e privacidade nas redes sociais como WhatsApp, Instagram, TikTok, BeReal,..

- Fomentar prácticas seguras e responsables do uso das TIC.

Agardamos que esta charla nos axude a navegar en rede con máis criterio, seguridade e responsabilidade.






16/09/25

Charla informativa da EOI de Viveiro e Burela


   Profesorado da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro estivo o luns 15 de setembro no noso centro. Informou ao alumnado de 4º ESO, bacharelato e ciclos formativos sobre a súa oferta educativa e titulacións que poden obter nas súas seccións de Burela e Viveiro.
 

24/02/25

Charla formativa do Centro Superior de Hostelería

O alumnado de 1° de BAC participou nunha charla formativa que impartiron desde o Centro Superior de Hostelería.




26/05/23

Viaxe pola historia do clima da Terra

O luns 22 o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC recibiu a visita de Armand Hernández, profesor na Universidade da Coruña e investigador sobre paleoclimatoloxía e cambio global.

Baixo o nome "Viaxe a través da historia da Terra: coñecer o pasado para entender o presente" o conferenciante explicou os mecanismos necesarios para estudar o cambio climático e realizou un repaso da historia da Terra dun xeito moi dinámico.







28/04/23

Charla RCP 1º BAC e FPB

Onte o alumnado de 1º de BAC e FPBásica recibiu unha charla sobre RCP impartida polo Dr. José Palacios Aguilar, profesor honorario da UDC. Nela aprenderon a facer unha primeira valoración do estado dunha persoa inconsciente, a posición lateral de seguridade, aprenderon a facer RCPs, a comunicarse co 112, a utilización dun desfibrilador e practicaron a maniobra Heimlich en nenos, embarazadas e resto de persoas.