O noso alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou o luns 12 de xaneiro nunha completa sesión divulgativa sobre a estructura das Forzas Armadas e as múltiples posibilidades de acceso á carreira militar.
Durante a charla explicouse;
- Estructura xeral:
Como se organizan os distintos exércitos, os seus ámbitos de acción e as funcións que cumpren tanto a nivel nacional como internacional.
- Vías de acceso:
As diferentes opcións para incorporarse: desde o acceso sen titulación previa ata o ingreso nos centros de formación superiores, incluíndo probas físicas, académicas e condicións específicas.
- Escalas e especialidades:
Os niveis existentes dentro da carreira militar, os itinerarios profesionais e as áreas técnicas, sanitarias, operativas ou de apoio que se poden elexir.
- Requisitos e proceso selectivo:
Idade, estudos mínimos, probas médicas, físicas e psicotécnicas, e toda a información necesaria para iniciar o proceso con garantías.
- Duración dos estudos e titulacións:
Como se desenvolve a formación en cada escala, a duración dos programas e a súa equiparación con carreiras civís, incluídos graos universitarios impartidos nos centros militares.
- Destinos e saídas profesionais:
As posibilidades de traballo tanto en territorio nacional como en misións internacionais, xunto coas opcións de especialización ao longo da vida profesional.
- Condicións laborais e salarios:
Información sobre soldos base, complementos, evolución económica segundo o rango e outras vantaxes asociadas á carreira militar.
Foi unha oportunidade para achegar ao alumnado unha visión clara e actualizada sobre esta opción de futuro profesional, resolvendo dúbidas e ofrecendo información útil para tomar decisións formativas.

