19/12/25

TES TALENTO?

Por segundo ano consecutivo, o noso alumnado encheu o último día lectivo antes das vacacións de Nadal e música, danza, creatividade e moita ilusión.

Estes son os premiados desta  2ª edición de TES TALENTO son:

Individuais/Parellas:
1º premio: "Os Pelochos". Brais e Roi (4º ESO), cun dúo de guitarras en directo que nos fixo vibrar.
2º premio: Juan Ferrer (1º ESO), amosando uns impresionantes coñecementos de países e bandeiras do mundo.

En grupo:
1º premio: "Movemento laranxa", alumnado de 1º ESO cun baile cheo de ritmo e enerxía.
2º premio: Alumnado de 2º Bach cunha versión teatral cómica dun poema de Lorca, "Romancero Payo"

Grazas a todas as persoas participantes por demostar o voso talento no escenario e ao público por apoiar con tanta enerxía e aplausos. Que orgullosas estamós de vós!
Aquí vos deixamos algúns dos momentos máis especiais desta edición...