Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Consumo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Consumo. Amosar todas as publicacións

18/12/25

OPERACIÓN CARRIÑO INTELIXENTE

O alumnado de 3º ESO PDC púxose na pel de quen organiza a compra da casa: decidir que comer, calcular cantidades, comparar prezos e non pasar do orzamento.

 Acompañados pola súa profesora Julia, visitaron un supermercado de San Cibrao para deseñar menús equilibrados para tres días, aprendendo que comer ben non ter por que ser caro nin complicado.

Ciencia, matemáticas e vida real mestúranse para aprender a tomar decisións responsables e consumir con cabeza.







22/01/24

Charla sobre servizos financeiros da Escola Galega de Consumo

O alumnado de 1° de BAC e 4° de ESO recibiu a visita dun técnico da Escola Galega de Consumo para impartir unha charla sobre servizos finaceiros.


A Escola Galega do Consumo foi creada como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas.

O obxectivo xeral da Escola Galega do Consumo céntrase en dar resposta ás demandas formativas e educativas dos distintos sectores da poboación galega e, especificamente, ás detectadas nas estatísticas das consultas e nas reclamacións recibidas das distintas oficinas de consumo.