Amosando publicacións coa etiqueta Torneo de Xadrez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Torneo de Xadrez. Amosar todas as publicacións

26/03/26

Premios IV Torneo de Xadrez


Rematamos o torneo con grandes partidas e moito nivel!

Os gañadores na dúas categorías son:

  • Ainara Burgos Ocaña (2º ESO)
  • Víctor Manuel García Rodríguez (3º ESO)
Noraboa polo voso traballo, concentración e espírito competitivo!
Grazas tamén a todo o alumnado que participou e fixo desta actividade unha experiencia incrible.

Seguimos fomentando o gusto polo xadrez!

26/02/26

Inicio do Torneo de Xadrez

 O xoves 26 de febreiro comezou na biblioteca o noso Torneo de Xadrez no IES Marqués de Sargadelos, no segundo recreo.





23/01/26

Presentación cartaz IV Torneo de Xadrez

O equipo de Biblioteca presenta o IV Torneo de Xadrez do noso centro. Unha oportunidade perfecta para poñer a proba a estratexia, concentración e paixón polo xadrez.
Esta actividade está aberta a todo o alumnado

 

26/04/24

Entrega premios II Torneo de Xadrez

Entrega de premios aos gañadores deste II Torneo de Xadrez. Agradecemos a todos os xogadores (11) a súa participación e agasallamos a todos eles cun vale para a cafetería do instituto. Felicitamos aos 4 gañadores, estes últimos recibiron un vale para ser canxeado por material de papelería ou librería. Agradecemos tamén ao profesor Rubén Ceñal a súa colaboración na organización e supervisión de todas as partidas.

O 1º premio foi para Enzo Juárez Exposito, de 1º de Bacharelato, o 2º para Iker Teixeira Amate, de 4º ESO, o 3º para Mateo Melón Suárez, de 3º ESO e o 4º para Daniel Gómez Lamelas, de 4º ESO.









01/03/24

II Torneo de Xadrez

 Anunciamos o torneo de xadrez que este segundo ano se desenvolverá durante o mes de abril. Os interesados e interesadas en participar nesta competición poderán anotarse ata o 20 de marzo.




30/03/23

Entrega de premios I Torneo de Xadrez

Hoxe entregáronse os premios aos gañadores do I Torneo de Xadrez IES Marqués de Sargadelos. Todos os/as participantes recibiron un vale para gastar na cafetería do centro. Os gañadores recibiron un vale de 30€ para gastar en material de papelería/librería.

Deixámosvos fotos dos premiados!

4º clasificado:Cristian Gómez Nita

3º clasificado:Iago Martínez Leiras

2º clasificado: David Orosa Bermúdez

1º clasificado: Enzo Juárez Expósito




I Torneo de Xadrez. 2ª semana

Continuamos coas partidas do Torneo de Xadrez durante toda esta semana. Recordade que os premio serán entregados o xoves 30 durante o 2º recreo na Biblioteca. Moita sorte a todos/as participantes. Estamos a piques de coñecer gañadores/as!










24/03/23

I Torneo de Xadrez. 1ª semana

 Esta semana comezou o I Torneo de Xadrez do IES Marqués de Sargadelos. Estase a celebrar durante os recreos. Achegádevos a Biblioteca para estar ao tanto das partidas e vencedores/as. Deixámosvos por aquí algunhas fotos desta primeira semana.


















10/03/23

I Torneo de Xadrez

 
 


 

Xa temos o cartel do I Torneo de Xadrez do IES Marqués de Sargadelos. Celebrarase entre o 20 e 30 de marzo e as inscricións pecharanse o 19 de marzo.

Animádevos a participar!