18/05/26
Educación afectivo-sexual FAPACEL
24/02/26
Charla SEXUALIDADE RESPONSABLE
Na tarde do 23 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre sexualidade responsable, organizada polo Departamento de Orientación.
Da man de María González Cociña, do Centro M (Burela), traballáronse aspectos fundamentais como a prevención, o autocoidado, o respecto, o consentimento e a toma de decisións informadas, nun espazo de diálogo aberto e próximo.
Eduación afectivo-sexual para unha vida máis saudable e consciente.
24/11/25
Talleres Educación afectivo-sexual
Hoxe estivo no noso centro María González Cociña, matrona e directora do Centro M (Burela), para impartir dous talleres de educación sexual adaptados á etapa da adolescencia.
Comezou co alumnado de 1º e 2º ESO, con "Coñecendo o meu corpo". Este taller aborda os cambios físicos e emocionais que experimentan os rapaces e rapazas na pubertade, enfocado para promover a igualdade, a empatía e o respecto cara os compañeiros e compañeiros. Explicouse a función reproductiva de ambos e profundizamos no ciclo menstrual. Tamén se achegaron produtos de hixiene menstrual para familiarizarse con eles.
Despois, impartiu o taller "Sexualidade responsable" co alumnado de 2º e 4º da ESO. Nel deu información clara e adaptada sobre relacións sexuais, ITS e anticoncepción, fomentando o autocoñecemento, a relación positiva coa propia sexualidade, a toma de decisións responsables e o respecto interpersoal.
Estes talleres foron moi enriquecedores e contribúen á educación integral do noso alumnado.
14/06/24
Charla Educación afectivo-sexual
O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro coa sexóloga e psicóloga Sonia Martínez para falar de afectividade e sexualidade.
Durante o taller achegóuselle información dunha sexualidade responsable, asertiva, satisfactoria e autónoma baseada en no coñecemento científico e respectando a diversidade.
Traballaron temas como o concepto de sexualidade, o respecto cara a diversidade, o coñecemento do corpo e o funcionamiento sexual e reproductor, a autoestima etc.
Charla Educación afectivo-sexual para familias
Esta semana realizouse unha charla de Educación afectivo-sexual para as familias do noso alumnado. Grazas á colaboración de Sonia Martínez, sexóloga e psicóloga, os pais e nais coñeceron de primeira man para que serve a educación afectivo-sexual, cando comezar a falar cos fillos/as destes temas, algunhas claves para comezar e recursos que poden axudar ás familias de forma divertida.


















