Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Cervo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Cervo. Amosar todas as publicacións

09/06/26

Visita exposición "ARTE E HUMOR. O ENXEÑO DE ANTONIO MINGOTE"

Viñetas que fan sorrir, debuxos que convidan a pensar e arte contada con moito humor.

O alumnado de 1º da ESO asistiu á inauguración da exposición "Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote" e tivo a opurtunidade de mergullarse no universo creativo dun dos grandes mestres do humor gráfico.

Da man de Afundación, a Obra Social de Abanca e a Fundación Antonio Mingote, a mostra propón un percorrido moi especial pola historia da arte vista desde a ironía, a intelixencia e a creatividade.

Unha experiencia diferente e enriquecedora na que o noso alumnado puido descubrir que a arte tamén fai rir, emocionar e reflexionar ao mesmo tempo.

Moitas grazas ao Concello de Cervo pola invitación e por seguir achegando a cultura ao alumnado.

REPOBOACIÓN ÁRBORES AUTÓCTONAS

 De monte queimado... a monte con futuro!

O alumnado de 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos puxo as mans na terra para participar na repoboación con árbores autóctonas na zona de Riocobo, afectada polos incendios de hai meses.

Unha mañá diferente para aprender, colaborar e devolverlle a vida ao noso entorno.

Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cervo e coa participación do Programa Voz Natura.

21/05/26

VOLUNTARIADO XUVENIL CONCELLO DE CERVO





O xoves 21 de maio recibimos no noso IES a visita da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.

A alcaldesa achegou ao alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato información sobre o programa de voluntariado xuvenil do Concello de Cervo, destacando a importancia da participación da mocidade en iniciativas sociais e comunitarias.

Un encontro moi enriquecedor para coñecer novas oportunidades de colaboración, aprendizaxe e compromiso coa contorna.

Ademais a alcaldesa regresou o xoves 28 de maio para informar ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre o programa "Voluntariado miúdo", unha iniciativa dirixida a mozos e mozas menores de 15 anos que promove valores como a solidariedade, a convivencia e a participación activa na sociedade.

16/04/26

Visita á exposición "BALEAS A FLOTE"

O xoves 15 de abril, o alumnado de 2º da ESO visitou a exposición "Baleas a flote: Arte en madeira e mar" na Casa da Cultura de San Cibrao.

Durante a visita, o alumnado puido achegarse á arte a través de esculturas elaboradas con madeiras e materiais recuperados do mar, descubrindo ao mesmo tempo a importancia da conservación dos océnanos e a riqueza da nosa tradición mariñeira.

A mostra forma parte do proxecto "Tornaviaxe polo Cantábrico", que percorre simbolicamente os antigos portos baleeiros, unindo historia, arte e conciencia ambiental.

Unha experiencia enriquecedora que combina aprendizaxe, creatividade e respecto polo medio natural.

02/03/26

Visita exposición "AZORES: OASIS ATLÁNTICO"

 O noso alumnado de 1º ESO visitou o luns 2 de marzo a exposición "Azores: Oasis Atlántico", organizada polo Concello de Cervo, unha impresionante mostra do biólogo e fotógrafo local Anxo Cao.

A visita tivo lugar na Sala Xosé Vizoso, situada en Sargadelos, onde puideron mergullarse a través de impactantes imaxes subacuáticas na extraordinaria biodiversidade das Azores: cachalotes, peixe lúa, tiburóns, tartarugas e moitas outras especies do Atlántico.
Unha experiencia educativa que combina arte e ciencia, fomentando o respecto polo medio mariño e a conciencia ambiental.


05/06/24

5 de xuño Día do Medioambiente

O Día do Medio Ambiente a edil responsable entregou ao centro unhas plantas aromáticas (romeu, pirixel, tomiño, ourego, lavanda etc.) para inaugurar o novo invernadoiro instalado recentemente coa colaboración do Concello de Cervo.

Despois disto, o alumnado de 3º de ESO participou nunha plantación de castiñeiros na finca municipal do Polígono de Cuíña, xunto a traballadores do Concello de Cervo aprenderon diversas técnicas e habilidades de traballo. Pola súa participación levaron como presente plantas aromáticas.














06/10/23

Limpeza de praias con ADEGA e Concello de Cervo

Este venres o alumnado de 1° e 2° de ESO participou nunha actividade de limpeza de praias organizada por ADEGA e polo Concello de Cervo.

.