02/03/26

Visita exposición "AZORES: OASIS ATLÁNTICO"

 O noso alumnado de 1º ESO visitou o luns 2 de marzo a exposición "Azores: Oasis Atlántico", organizada polo Concello de Cervo, unha impresionante mostra do biólogo e fotógrafo local Anxo Cao.

A visita tivo lugar na Sala Xosé Vizoso, situada en Sargadelos, onde puideron mergullarse a través de impactantes imaxes subacuáticas na extraordinaria biodiversidade das Azores: cachalotes, peixe lúa, tiburóns, tartarugas e moitas outras especies do Atlántico.
Unha experiencia educativa que combina arte e ciencia, fomentando o respecto polo medio mariño e a conciencia ambiental.