Amosando publicacións coa etiqueta Fundación ALCOA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fundación ALCOA. Amosar todas as publicacións

29/09/26

Actividade da ANPA en colaboración coa Fundación ALCOA

Na tarde do pasado martes 22 de outubro, a ANPA do IES Marqués de Sargadelos, en colaboración coa Fundación Alcoa, desenvolveu unha actividade dentro do Plan Acción, coa participación de persoas voluntarias.

A xornada serviu para mellorar e renovar distintos espazos do centro. Pintouse de novo o corazón situado no patio, onde se recollen tapóns de envases para a súa reciclaxe, así como o pasamáns da entrada do patio traseiro.

Coa reutilización dos tapóns recollidos, as persoas participantes elaboraron tamén un pequeno mural coa imaxe da Maruxaina, figura representativa de San Cibrao. Deste xeito, a actividade permitiu unir reciclaxe, creatividade e posta en valor da cultura e da contorna local.

Esta iniciativa pon de manifesto, unha vez máis, a importancia da colaboración entre a ANPA e o centro educativo, sumando esforzos para promover entre o alumnado valores como o coidado do medio ambiente, a participación e o compromiso coa comunidade.



13/03/26

Charla ALCOA

Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.
Un encontro moi enriquecedor no que traballadoras das plantas de Alcoa compartiron a súa experiencia profesional co alumnado do centros educativos da súa contorna.

O obxectivo?
- Dar visibilidade ás carreiras técnicas.
- Promover vocacións científico-tecnolóxicas.
- Achegar referentes femininos ao ámbito industrial.

Un paso máis para inspirar o talento do futuro!

23/10/23

Plan Acción ANPA

 Hoxe realizouse unha actividade no centro organizada pola ANPA do IES Marqués de Sargadelos. Contaron coa colaboración de traballadores/as de ALCOA que participan no Plan Acción.

A actividade centrouse na xeración de enerxía eléctrica sostible e non contaminante.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos: