Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións

12/02/26

11 FEBREIRO. Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 O 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data promovida pola Organización das Nacións Unidas para visibilizar o papel das mulleres na investigación científica e tecnolóxica.

Desde a biblioteca do IES sumámonos á conmemoración cunha pequena selección de libros e materiais sobre mulleres científicas e referentes femininos en diferentes ámbitos da ciencia. Esta iniciativa busca espertar vocacións, romper estereotipos e lembrar que a ciencia tamén se constrúe en feminino. 

Animámosvos a achegarvos á biblioteca, descubrir as lecturas propostas e inspirarvos nas historias de tantas mulleres que abriron camiño.

21/12/21

XORNADAS DE CIENCIA. EXPOSICIÓN.

 Estes días organizamos as Xornadas de Ciencia. O noso alumnado, ao longo do trimestre foi preparando interesantes maquetas. Os máis novos pasaron polo laboratorio, os maiores de 3º e 4ª de ESO e FP BÁSICA exerceron de profes explicándolles as experiencias científicas preparadas para eles.

XORNADAS DE CIENCIA. EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS.