Amosando publicacións coa etiqueta Concurso logos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso logos. Amosar todas as publicacións

17/03/26

PREMIOS Concurso de logos do EDLG

Hoxe fixemos entrega dos premios do Concurso de Logos do EDLG do IES Marqués de Sargadelos, convocado polo Equipo de Dinamización Lingúística.

Parabéns a María Roza, Iria Baltar e Irea Río polo seu gran traballo!

As tres recibiron unha camiseta co logo gañador e un cheque para gastar en libraría.

Grazas a todo o alumnado participante pola súa creatividade e implicación!


26/11/25

Presentación do Concurso de logos do EDLG

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Marqués de Sargadelos convoca un concurso de logos para crear a imaxe que representará o noso EDLG.
Un logo é un simbolo ou deseño gráfico que identifica un grupo ou un proxecto. Debe ser claro, orixinal e fácil de recoñecer.
Nas bases do concurso atoparás toda a información sobre como participar, o formato de deseño e os premios que se concederán ás mellores propostas.
Prazo de presentación: ata o 30 de xaneiro.
Animámosvos a deixar voar a vosa creatividade e participar para crear a imaxe do noso EDLG.