O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Marqués de Sargadelos convoca un concurso de logos para crear a imaxe que representará o noso EDLG.
Un logo é un simbolo ou deseño gráfico que identifica un grupo ou un proxecto. Debe ser claro, orixinal e fácil de recoñecer.
Nas bases do concurso atoparás toda a información sobre como participar, o formato de deseño e os premios que se concederán ás mellores propostas.
Prazo de presentación: ata o 30 de xaneiro.
Animámosvos a deixar voar a vosa creatividade e participar para crear a imaxe do noso EDLG.