O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Química industrial realizou este martes 25 de novembro unha visita formativa ás instalacións de Naturleite (Meira) e Industrial Recense (A Pontenova).
Naturleite é unha industria láctea adicada á elaboración e envasado de leite e outros productos derivados, apostando pola innovación, a calidade e sustentabilidade. Pola súa parte, Industrial Recense é unha empresa especializada na fabricación de elementos metálicos para os sectores da construcción e industria, integrando procesos de deseño, estampación e tratamento superficial.
A actividade permitiu ao alumnado achegarse á realidade productiva de dous sectores industriais distintos, reforzando os contidos abordados na aula e ofrecendo unha visión máis completa das múltiples aplicacións da química ao ámbito industrial. Ademais, a visita contribuíu a fortalecer a relación entre o centro educativo e o tecido empresarial da provincia, destacando o valor das colaboracións que favorecen unha formación máis práctica e próxima ao mundo laboral.

